VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).-. O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, afirmou que despois de trinta anos de andaina “é hora de abordar unha reforma da Constitución na dirección de adaptala á realidade plurinacional do Estado”.
Para Jorquera “é o momento de enfrontar cuestións que ficaron irresoltas hai tres décadas como é o recoñecimento de que no Estado español conviven varios pobos e nacións e, por tanto, debe artellarse como un Estado plurinacional con amplos ámbitos de libre decisión para as nacións que o integran”.
Avanzar nos ámbitos de libre decisión e máis competencias
Neste sentido, o deputado do BNG pón enriba da mesa a necesidade de introducir mecanismos que impidan a continua invasión de competencias por parte do Goberno central. A necesidade de que as Comunidades Autónomas teñan autonomía financeira. A importanza de adecuar o Senado e o Tribunal Constitucional á realidade dun Estado plurinacional. A necesidade de arbitrar mecanismos para que as CC.AA teñan participación directa en órgaos da UE en cuestións que afecten aos seus ámbitos competenciais. E non esquece a necesidade de plasmar a igualdade xurídica efectiva entre o español e as outras linguas do Estado.
Para o deputado do BNG a actual Constitución precisa dunha profunda modificación que “está claro que debe contar cun amplo consenso” pero, advirte, “non pode ser excluínte, non pode ser un acordo a dous senón que debe integrar ás formacións políticas nacionalistas”.
Nese sentido, lembra que a Constitución foi produto dun pacto entre as forzas reformistas do franquismo e as formacións maioritarias da oposición democrática, condicionado polas circunstancias do momento, en particular pola ameaza dun golpe de Estado”.