VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Un traballo que vén de concluír a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, sobre o impacto do consumo de tabaco na mortalidade en Galicia no período 2001-2006, e que está publicado no Boletín Epidemiolóxico de Galicia, reflíctese que, nese período de tempo, atribúense en Galicia, ao consumo de tabaco, 21.588 mortes en poboación de 35 anos e máis. O ano 2003 foi o momento no que máis mortalidade se lle atribuíu ao tabaco, 3.749 mortos, e o 2006 no que menos, 3.442. Por isto, a Consellería que dirixe María José Rubio Vidal está a poñer un énfase especial na prevención do consumo entre a mocidade e, especialmente, nas mulleres máis novas.
Ao longo do período a estudo (2001-2006), o 12,7 por cento das mortes sucedidas en maiores de 35 anos atribúense ao consumo activo de tabaco. O 67 por cento destas mortes sucederon en homes de máis de 64 anos.
Cando se analizan os resultados en función do sexo e do grupo de idade destaca o lixeiro descenso nas taxas de mortalidade dos homes, tanto nos de 35 a 64 años, como nos de 65 ou máis. Sinalar, así mesmo, a relevancia de que, aproximadamente o 50 por cento das mortes atribuídas ao consumo de tabaco entre 2001 e 2006 estiveron causadas por tumores, concretamente 10.532 mortes.
O 62 por cento das mortes por tumores foron por cancro de pulmón (6.559). Destaca que a taxa de mortalidade por cancro de pulmón tivo distinta evolución en función do sexo. Nos homes produciuse un lixeiro descenso, pasando de 138,3 mortes por cen mil habitantes en 2001 a 124,2 en 2006. Pola contra, nas mulleres, apréciase un lixeiro aumento.
Tanto en homes coma en mulleres, cando se analizan polo miúdo as causas de mortalidade atribuída en función do sexo, destacan cinco principais, que son, o cancro de pulmón, as enfermidades pulmonares obstrutivas crónicas, a cardiopatía isquémica, outras enfermidades cardíacas e a enfermidade cerebrovascular. Non obstante, nos homes, a principal causa de mortalidade atribuída é o cancro de pulmón; e nas mulleres a enfermidade pulmonar obstrutiva crónica.
Entre 2001 e 2006, o 28 por cento a mortalidade total atribuída ao consumo de tabaco considérase coma morte prematura, xa que ocorre entre os 35 e os 64 anos. Entre estas dúas idades, a causa máis importante de mortalidade é o cancro de pulmón, que supón 2.373 mortes, o 40 por cento da mortalidade prematura atribuída (6.015 mortes).
Polo que atinxe aos maiores de 65 anos, no conxunto dos dous sexos, a causa que se atribuíu máis mortalidade e a enfermidade pulmonar obstrutiva crónica, con 4.406 mortes, sendo o cancro de pulmón a segunda causa en orde de número de mortes atribuídas, con 4.186. Só a estas dúas causas de morte atribúense o 55 por cento da mortalidade relacionada co consumo de tabaco na poboación de 64 e máis anos.
Anos de esperanza de vida perdidos
O promedio de anos vividos polos homes galegos entre 35 e 65 anos foi de 28,4 no trienio 2001-2003, e de 28,5 en 2004-2006. Nas mulleres, estes valores foron de 29,3 e 29,4, respectivamente. A diferenza ata os 30 anos que poderían vivir se a mortalidade a esas idades fose nula é o número de anos de esperanza de vida perdidos entre 35 e 65 anos, que foron, respectivamente, 1,6 e 1,5 nos homes; e 0,7 e 0,6 nas mulleres.
Estes anos de esperanza de vida perdidos poden descompoñerse nunha suma de efectos para investigar que porcentaxe é debida a cada causa. En concreto, analizouse canto desta perda é atribuíble ao tabaco.
Segundo o anteriormente sinalado, a porcentaxe de anos de esperanza de vida perdidos a causa do tabaco descendeu nos homes e aumentou nas mulleres, posto que pasou de 28,1 por cento a 26,8 por cento e de 9,9 por cento a 10,9 por cento, respectivamente, do primeiro ao segundo trienio anteriormente sinalados.
En todos os casos, os tumores foron a causa que máis impacto tivo sobre os anos de esperanza de vida perdidos, fundamentalmente por mor do cancro de pulmón. Nos homes, o 20 por cento dos anos de esperanza de vida perdidos pola mortalidade atribuída ao tabaco en 2001-2003 debéronse ás defuncións ocorridas no grupo de 35 a 44 anos; en 2004-2006 esta porcentaxe diminuíu ata o 15 por cento. Nas mulleres, a porcentaxe foi do 26 por cento nos dous trienios.
Conclusións
Como conclusións máis importantes deste estudo da Dirección Xeral de Saúde Pública despréndese que a mortalidade atribuída ao consumo de tabaco mantense estable en Galicia no período 2001-2006; se ben, débese destacar o importante impacto que o consumo de tabaco ten nas cifras de mortalidade, xa que se lle atribuíu o 13 por cento da mortalidade total que se produciu neste período de tempo na poboación de 35 anos e máis.
Outra conclusión importante é o impacto do consumo de tabaco nos anos de esperanza de vida perdidos en ámbolos dous sexos, resultado preocupante o aumento que se está a producir nas mulleres.
A descrición polo miúdo da distribución da distribución da mortalidade atribuída por sexo e grupo de idade é un indicador de moita valía para o deseño das estratexias orientadas a protexer a saúde da poboación galega. Deste xeito, as estimacións obtidas poñen de relevancia a importancia de seguir a traballar na implantación de actividades de control do tabaquismo a nivel poboacional, aínda que se debería poñer un énfase especial na prevención do consumo entre as mulleres máis novas.
Iniciativas da Consellería de Sanidade
A Consellería de Sanidade está a traballar dende varios frontes para reducir esta epidemia. Por unha banda, monitorizando o problema, recollendo periodicamente datos sobre consumo e exposición pasiva ao fume ambiental de tabaco, entre outros indicadores, co obxectivo de planificar, axeitadamente as estratexias e intervencións de control do tabaquismo.
Ademais, tomando medidas lexislativas e executivas de protección da poboación fronte ao fume ambiental do tabaco, promulgando e facendo cumprir as normas sobre entornos libres de fume do tabaco e de prohibición de calquera tipo de publicidade, coa intención de facelo menos asequible á mocidade, e advertindo os perigos que comporta o seu consumo.
Outra das liñas de traballo é a de prevención do inicio do consumo de tabaco entre os máis novos, a través de varios programas preventivos adaptados á idade dos rapaces, e de promoción de vida sen tabaco entre os adultos, a través de campañas ilnformativas de diversa índole (Clases e Fogares sen Fume, Déixao e Gaña ou O Gran Camiño).
Por último, outra importante liña de actuación é a de ofrecer axuda para o abandono do consumo de tabaco. Neste senso, estase a traballar no fortalecemento do sistema sanitario asistencial para facilitar o asesoramento e axuda á persoa fumadora no proceso de abandono do consumo de tabaco.