17 diciembre 2008

Entregan los premios del concurso de ideas sobre complejos lúdico-termales

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acompañado do vicepresidente provincial, José Manuel Figueroa, fixo hoxe entrega dos premios do concurso de ideas para os complexos lúdico-termais con que o ente prevé dotar a varios concellos da provincia.

No concurso convocado pola institución provincial, tres estudos de arquitectura de Vigo, Alcorcón e A Coruña resultaran gañadores do concurso de ideas para dotar á provincia de Pontevedra de complexos de piscinas lúdico-termais.

En concreto, o estudo «Rodríguez e Rivoira, arquitectos» de Vigo, que presentou o seu proxecto baixo o lema «Mens sana in corpore sano», Miguel Ángel Velarde, de Alcorcón (Madrid), co lema «Proteo», e a empresa «Naos 04 Arquitectos de A Coruña», que concursaron co lema «Term Auga». Cada estudo recibiu 8.000 euros polos seus traballos.

Louzán destacou a calidade dos proxectos presentados, “un total de vinte, procedentes de estudos de arquitectura de Galicia e do resto de España”, ó tempo que aclarou que “a Deputación elixirá a construción dos complexos lúdico-termais en función das particularidades de cada concello e das condicións da parcela”.

Os complexos, que rondan o millón de euros por unidade, “construiranse en concellos de tipo medio”, explicou Louzán, “e, se son municipios de menos de 5.000 habitantes, poderán agruparse a través de mancomunidades, para que grupos de dous o tres concellos podan dispoñer dun centro destas características, tan demandado polos cidadáns”.

O presidente provincial apuntou que “non se trata de construir piscinas de 25 metros, como nos pedían moitos alcaldes, senón de implantar modernas instalacións que aúnen, natación, deporte, ocio, mantemento físico e saúde”.

Importancia da iniciativa
Os premiados, pola súa banda, agradeceron “o esforzo sen precedentes da Deputación de Pontevedra”, e salientaron, precisamente, “a importancia de conferirlle valor a un aspecto tan importante como a saúde, nunha iniciativa que combina o lecer e o deporte con servizos básicos para a sociedade”.

Algo, en verbas do arquitecto madrileño Miguel Ángel Velarde, “moi acertado e valente, nos tempos que corren, e que constitúe una oportunidade estupenda non só xa para os entornos rurais, senón tamén para os concellos de certa entidade”.