17 diciembre 2008

Con ocasión de un convenio con Deputación : el concello de Crecente confiesa que no tiene un duro...

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra resolveu hoxe favorablemente levar a cabo a modificación do convenio de colaboración asinado co Concello de Crecente, mediante o cal ambas institucións se comprometían a executar obras de mellora da seguridade vial e dotar de servizos o antigo acceso ó municipio.

O investimento previsto, que ascende a 753.054,46 euros, suporían a asunción por parte da Deputación de 602.443 euros, mentres que o Concello debería abonar 150.610 euros, financiados en tres anualidades.

O alcalde de Crecente participou á Deputación a imposibilidade de cumprir coa achega municipal inicialmente acordada, debido á precariedade económica do concello, que motivou a merma de recadación de ingresos.

García-Luengo propoñía un cambio no financiamento, reducindo ás achegas municipais ó 10%, achegando no ano 2008 a contía de 15.000 euros, e a cantidade restante ó 50%, nas anualidades de 2009 e 2010.

A achega da Deputación, por tanto, incrementaríase na contía de 75.305 euros, dos que 32.741 serían imputables á anualidade de 2009.

Á vista destes antecedentes, a Xunta de Goberno acordou por unanimidade modificar a cláusula terceira do convenio, no relativo ó financiamento da obra, mantendo invariable o resto con contrato entre ambas entidades.