06 diciembre 2008

Fecimo e o Foro Galego do Comercio celebran unha xornada sobre organización de eventos e protocolo

CANGAS (MORRAZO-tribuna).- Fecimo en colaboración co Foro Galego do Comercio organiza na súa sede o vindeiro mércores día 17 de Decembro ás 18:00h unha xornada informativa que leva por título “A Organización de Eventos e o seu Protocolo” e que pretende ser unha guía práctica para poder organizar congresos, eventos e xornadas de todo tipo e de todos os estilos dun xeito eficaz, utilizando adecuadamente os medios materiais e humanos dos que se dispoñan.

Contarase coa presenza de dúas importantes poñentes especialistas nesta materia: Yoya Núñez Román, Directora de Comunicación e Relacións Públicas de Caixanova e Mª José Pérez Buján, Directora de Protocolo e Eventos de Caixanova.
As asociacións organizadoras pretenden encher o baleiro que existe en canto a esta disciplina nas organizacións de comercio e espera que sexa de máxima utilidade tanto para os técnicos e directivos de asociacións como para calquera interesado neste tema.
Para inscribirse é necesario poñerse en contacto con Fecimo no seguinte número de teléfono: 986 30 50 00 ou ben enviando un correo electrónico a: forogalegodocomercio@gmail.com. Tamén pode realizarse a inscrición acudindo á sede de Fecimo en Cangas, na dirección Avda. de Vigo, 91
Baixo.