06 diciembre 2008

El PP de Redondela no está dispuesto a tragar con los planteamientos de la conselleira Caride

REDONDELA (MORRAZO-tribuna).- O Partido Popular de Redondela solicita novamente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Trasportes que desista de seu empeño por desdobrar a autoestrada en Chapela mediante a incorporación de dous carrís en cada sentido de circulación.

Desaproban que trate de quitarlle importancia ao asunto, reducíndoo a unha cuestión de expropiacións e afeccións, pois ainda que tamén éste sexa un extremo relevante, está obviar os seus efectos sociais, ambientais e sobor da rede de comunicacións así como que conlevará a desestructuración da parroquia. Emprazan por iso a que se arquive con carácter inmediato, resaltando que a ampliación non reporta beneficio algún á parroquia, fraccionada por diversas infraestructuras, non mellora o seu sistema de comunicacións ni suporá ninguna vantaxe ou utilidade para Chapela, polo que piden tamén maior consideración cara aos afectados.

Reclaman que las alegacións formuladas, incluidas ás do grupo popular, sexan estudadas en profundidade e reprueban que a Consellería non previse desde o inicio un proxecto colas menores afeccións posibles.

Finalmente destacan a importancia de que exista información entre a administración autonómica e a local e lamentan a falta de comunicación existente entre a Consellería correspondente e o Alcalde, xa que mentres ésta manifesta xa dispor duns terreos para recolocar o colexio afectado, o Alcalde asevera que sería moi difícil conseguir un novo emprazamento.