09 diciembre 2008

Feijoo pide limpieza, transparencia y democracia en las próximas elecciones gallegas

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que o seu partido vai presentar no Congreso dos Deputados unha proposición non de lei para instar ao Goberno central a reformar coa máxima urxencia posible o decreto 605/199, de 16 de abril, de regulación complementaria dos procesos electorais, introducindo entre os “requisitos inexcusables para a validez do voto dos residentes no exterior”, a inclusión dunha fotocopia do DNI ou do pasaporte entre a documentación a remitir polos residentes ausentes no sobre dirixido ao presidente da xunta electoral provincial.

Feijóo efectou este anuncio esta mañá en Lobeira (Ourense) onde continúa a rolda de visitas que está a efectuar aos diferentes concellos de Galicia.

“Pedimos limpeza, pedimos garantías e pedimos democracia; copia do DNI ou do pasaporte é o mínimo que se pode pedir nunha democracia consolidada como é a galega”, afirmou Feijóo.

TOURIÑO NON QUERE TRANSPARENCIA NO VOTO EMIGRANTE

O líder dos populares galegos explicou que esta iniciativa busca superar o veto do PSOE, á proposta encamiñada a articular o voto en urna para os emigrantes, no que “Touriño non ten ningún interese”. Logo desta negativa, o PPdeG insiste na necesidade de reforzar as garantías de identificación e limpeza do voto dos residentes ausentes mediante as reformas encamiñadas a asegurar que estes sufraxios vaian acompañados dunha fotocopia do DNI ou do pasaporte de cada persoa que participe nos comicios.

A proposta do PPdeG non supón unha medida extraordinaria, posto que xa se aplica nas eleccións municipais. Ademais, tampouco require dun desembolso económico especialmente gravoso para as arcas públicas, nin implica alteracións inasumibles da infraestructura que se habilita a raíz dunha convocatoria electoral.

QUERE SER PRESIDENTE CON VOTOS DEMOCRÁTICOS

“Eu non quero ser un presidente de Galicia –e si perdo as Eleccións tampouco- onde o 15% do censo non vote en urna, ou onde polo menos o 15% do censo non acredite a súa identificación antes de votar a través de copia do pasaporte ou do DNI”, agregou o presidente do PPdeG, que promove a reforma “no nome da limpeza democrática das próximas eleccións autonómicas”.

Nesta liña, o líder do PPdeG recordou que máis de 330.000 galegos están inscritos no censo de residentes ausentes e poderán votar nos próximos comicios autonómicos. Trátase, insistou, dun censo superior ao de provincias como Ourense (280.514 persoas) ou como Lugo (301.484 electores). “E da mesma forma que en Lugo e Ourense se vota en urna e se identifica antes de votar do DNI, como mínimo, e dado que o PSOE vetou o voto en urna, pedimos que se identifique aos votantes antes de exercer o seu dereito lexítimo ao voto”, agregou Feijóo.

Insistou Feijóo en que esta garantía de transparencia democrática reviste especial importancia, sobre todo cando se están a vivir conflitos como o “fraude electoral detectado en Muxía”, actualmente no xulgado; ou o dobre discurso de Touriño, que anunciou que non ía viaxar á Arxentina por mor da crise económica, pero xa enviou a América a tres conselleiros (Educación Sanidade e Traballo) desde que asimiu ese compromiso.