09 diciembre 2008

Promocionan este miércoles en París las potencialidades de Vigo

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O director xeral de Turismo, Rubén C. Lois, e mais o tenente de alcalde do Concello de Vigo, Santiago Domínguez, promocionarán este mércores no Hotel George V de París o destino turístico do sur de Galiza entre os touroperadores parisinos. A Consellaría de Innovación e Industria a través da Sociedade da Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, organiza esta presentación á que xa confirmaron a súa asistencia máis de 280 axentes de viaxes da capital francesa.

Un dos obxectivos do encontro é promocionar Vigo como destino ideal para as fins de semana e como porta de entrada a Galicia para os franceses grazas aos vos de Air France que operan entre o aeroporto de Peinador e a capital francesa. Nesta presentación, os axentes de viaxes franceses poderán achegarse ás posibilidades turísticas de Vigo e a súa contorna co obxecto de programar viaxes cara a Cidade olívica dada a boa conexión aérea que supón un traxecto de dúas horas de duración.

Durante a presentación salientarase a vinculación co mar da oferta turística galega, o 80% dos turistas que visitan o país pasan parte das vacacións estivais nas zonas costeiras, o que supón, segundo os datos de afluencia turística de 2007, preto de 4,6 millóns de persoas. Tamén se destacarán as posibilidades que ofrecen os 1.300 quilómetros de costa e as 700 praias coas que conta Galicia pas as actividades lúdico deportivas vinculadas ao turismo náutico.