04 diciembre 2008

Foto do día : galegos en Bruselas

BRUSELAS (MORRAZO-tribuna) .- No marco dunha visita á capital comunitaria de distintos sectores produtivos galegos organizada polo BNG, un grupo de traballo mantivo hoxe un encontro co comisario de Pesca, Joe Borg, ao que lle trasladaron a necesidade de que a Comisión Europea levante certos vetos “non escritos” que restrinxen a actividade produtiva. Na foto vemos parte da delegación do sector da pesca e representantes do BNG, reunida co comisario que aparece no primeiro plano.