VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A provincia de Pontevedra disporá a partir de xaneiro das mellores instalacións hípicas de Galicia de uso público e gratuítas. Así o confirmou esta tarde Francisco González, o técnico encargado de supervisar as obras de mellora e acondicionamento do hipódromo de Campañó quen comentou que “existen unhas instalacións hípicas en Ourense pero que serán superadas polas de Pontevedra”.
A Deputación de Pontevedra posibilitará que este proxecto iniciado no ano 2004 a iniciativa da Comunidade de Montes de Campañó, poda rematarse definitivamente a través dunha achega económica de 60.000 euros. O convenio de colaboración foi asinado esta tarde entre o titular da administración provincial, Rafael Louzán, e o presidente da Comunidade de Montes, Manuel Ángel Lareu Coego.
A entidade comunal aprobou a cesión destes terreos por unanimidade da súa asemblea. Segundo explicou Lareu “as instalacións serán gratuítas” e estarán abertas ó seu uso por parte de todos aqueles que practiquen equitación xa que a intención dos veciños de Campañó é que a Deputación, o Concello e a propia comunidade se fagan cargo dos gastos de mantemento.
Pola súa banda, o presidente da Deputación destacou a singularidade deste centro deportivo para a práctica da equitación e manifestou a súa satisfacción de poder dispoñer dunhas instalacións destas características na provincia de Pontevedra.
Finalmente Francisco González, técnico das obras, quixo destacar o altruísmo da comunidade de montes que a pesar de rexistrar importantes perdas económicas a causa dos incendios quixo poñer a disposición da cidadanía de forma desinteresada estas dotacións.