VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A tiranía dos fillos e fillas dentro do núcleo familiar é o tema que centrará o encontro organizado pola Secretaría Xeral do Benestar da Vicepresidencia da Xunta para o vindeiro martes 9 de decembro. A xornada, que se desenvolverá no Salón Grande de San Caetano, en Santiago, comezará ás 10,30 horas e será aberta ao público.
O encontro “Menores en conflito: a tiranía das fillas e dos fillos” ten como obxectivo converterse nun espazo de análise e reflexión sobre as causas, factores influíntes e consecuencias da violencia física e psicolóxica exercida polos menores aos seus pais e nais e demais membros no núcleo familiar. A secretaria xeral do Benestar, María Xesús Lago, será a encargada de presentar o encontro e aos seus dous conferenciantes: Miguel Clemente Díaz, profesor da Universidade da Coruña, que abordará os problemas de conduta dos menores como unha alteración da socialización; e Vicente Garrido Genovés, profesor da Universidade de Valencia, que falará sobre a tiranía dos nenos e nenas e o coñecido como Síndrome do Emperador.
Profesionais
O profesor Vicente Garrido, experto en Pedagoxía e Criminoloxía, ten realizado ao longo da súa carreira un importante labor de investigación arredor da delincuencia e a personalidade violenta, e o seu traballo en programas de tratamentos en centros de menores e cárceres foi unha fonte de inspiración para moitos profesionais nos eidos da delincuencia sexual e delincuencia violenta. Garrido foi consultor das Nacións Unidas no programa de prevención da delincuencia xuvenil para Latinoamérica.
Entre os seus últimos traballos figuran o libro “Los hijos tiranos: el síndrome del Emperador”, do ano 2005, no que desenvolver a súa visión de como xorde a violencia dos fillos na actualidade, así como o xeito de actuar para previr esa preocupante tendencia na sociedade. No ano 2007 publicou a continuación da obra baixo o título “Antes que sea tarde: la prevención de la tiranía de los hijos”
Pola súa banda, Miguel Clemente, licenciado e doutor en Psicoloxía, é director del Instituto de Psicoloxía Legal e Forense e experto en casos de menores que presentan problemas de conduta. Clemente leva escritos 22 libros, a meirande parte sobre menores, violencia e medios de comunicación, e publicou tamén máis de 30 artigos en diversas revistas de prestixio internacional, ademais doutras colaboración en libros, cursos, seminarios e encontros en todo o mundo.