VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Puente festivo, miles de desplazamientos y riesgos evidentes en las carreteras. Aquí están nuestros consejos. Un repaso a ellos nunca le vendrá mal. Pulse y siga leyendo...
Urxencias Sanitarias de Galicia-061, servizo que coordina e xestiona as urxencias e emerxencias sanitarias na comunidade galega, reiterou hoxe o consello de precaución nas estradas ante o inicio dunha longa ponte festiva e na que se pode rexistrar un incremento no número de desprazamentos por estrada ata o vindeiro luns, 8 de decembro. Os accidentes de tráfico provocan en ocasións o falecemento ou a invalidez de moitas persoas especialmente nos homes xa que constitúen máis da metade das persoas atendidas no pasado ano nestas datas.
O 061-Galicia é un dos primeiros intervenientes nos accidentes de tráfico, atopándose entre un dos motivos mais comúns de chamada por emerxencia a Central de Coordinación do 061. É, por iso, que é importante seguir as recomendacións para que cada vez sexan menos os sinistros de circulación rexistrados na nosa comunidade.
Normas de actuación ante o accidente
Unha vez se ten producido un accidente é fundamental actuar correctamente para evitar aumentar o número de vítimas.
O que SI SE DEBE FACER, é aparcar o coche nun sitio seguro, afastado do accidente, e prender as luces de emerxencia. Así mesmo, sinalizarase o accidente 200 metros antes e despois do lugar no que ocorreu. Deberase poñer o chaleco reflectinte.
Outra das medidas a realizar será o apagar as luces e retirar as chaves do vehículo sinistrado e considerar a existencia de perigos engadidos como pode ser o desprendemento de gases, incendios, ou cables eléctricos, entre outros.
Coller o teléfono móbil e marcar o 0-6-1. É necesario facilitar o emprazamento exacto e correcto do lugar do sinistro e o estado das persoas feridas para que se poidan enviar os recursos sanitarios necesarios dependendo da gravidade do suceso.
Así mesmo, a persoa que se atopa no lugar do incidente pode ser de grande utilidade, seguindo as indicacións orientativas transmitidas polo persoal do 061 ata a chegada dos recursos especializados. Na chamada ao 061 canto máis datos se lle dean máis se axudará a este servizo na súa tarefa.
O que NON SE DEBE FACER é poñer en perigo a propia vida. Para iso, antes de atender aos accidentados ou accidentadas, hai que adoptar as medidas de seguridade axeitadas, xa que de nada serviría aumentar o número de vítimas. Igualmente, e salvo que haxa perigo de incendio ou novas colisións, non se debe mover a ningún ferido, xa que poderían agravarse as súas lesións.
É importante non intervir se non se sabe cómo; e sempre avisar canto antes, para que acudan os servizos de emerxencia, marcando o 061.
Normas de actuación ante un accidente
Unha vez valorada a situación do accidente e informado o 061, hai algunhas cousas que se poden facer para axudar no sinistro. Así, deberase achegar e actuar mantendo as medidas de seguridade.
Comprobarase o nivel de consciencia e orientación dos feridos e se estes respiran (débese ver se moven o tórax e se entra e sae aire pola boca ou nariz). En caso negativo, iniciar manobras de reanimación.
Se houbera hemorraxia débese comprimir fortemente a zona. Deberase mover o menos posible ao ferido ata que chegue o persoal sanitario, manténdoo en posición cómoda e abrigado. Tamén é aconsellable manter a tranquilidade e non deixarse impresionar pola situación.
É importante lembrar que o 061 é un servizo que funciona as 24 horas, os 365 días do ano e que moitas vidas pódense salvar se se tratan dun modo axeitado.
ANO 2007
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a denominada ponte da Constitución a un total de 207 persoas debido a 152 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do mércores, 5 de decembro, ata as 23:59 horas do domingo, 9 de decembro. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o venres con 39 accidentes.
A Central de Coordinación do 061 recibiu na pasada ponte da Constitución, 195 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 152 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 207 persoas.
A proporción de homes atendida foi do 64 por cento e a de mulleres do 36 por cento. Nas idades dos feridos, obsérvase que un 17 por cento dos atendidos ten entre os 15 e os 19 anos, a porcentaxe chega ao 56 por cento se as idades dos accidentados observados vai dos 15 aos 34 anos.
Por provincias Pontevedra con 68 sinistros rexistrados foi a que contabilizou máis incidentes durante os desprazamentos destas datas festivas.
Provincia
Accidentes
A Coruña
47
Lugo
18
Ourense
19
Pontevedra
68
Galicia
152
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 214. Así, as UVI móbiles mobilizáronse en 12 casos, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 163 ocasións; as concertadas en 19 casos e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 20 sinistros.
En 174 casos os traslados realizáronse aos centros hospitalarios correspondentes e en 19 ocasións ao centro de saúde ou Punto de Atención Continuada de Atención Primaria; 12 persoas lesionadas foron atendidas no propio lugar do incidente e dúas faleceron no lugar do sinistro, unha persoa en Salvaterra e outra en A Estrada.