MOS/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- La Directiva del PP de Mos ha hecho pública una proclama hace unas horas, enalteciendo la acción de moción de censura propiciada por Nidia Arévalo y sus concejales afines y denostando los comportamientos del actual gobierno municipal. El manifiesto dice así :
O conxunto da xunta directiva do PP de Mos, manifesta todo o apoio do grupo municipal a Nidia Arévalo e ó resto dos concelleiros populares ante a valentía que amosaron ó levar a diante esta moción de censura que traerá ó Concello un proxecto de futuro prometedor, a todas luces.
Queremos deixar claro que a opinión dos 42 integrantes da xunta é unánime con respecto a este asunto. Somos un grupo unido e coma tal defendemos que prime a democracia e que Mos sexa gobernado pola lista máis votada nas eleccións municipais. Apoiamos e apoiaremos sempre a este novo goberno que é o lexítimo para o municipio. Queremos deixar claro que seguiremos adiante pese a quen lle pese e reivindicamos a autonomía do noso partido en Mos, fronte a pactos que se levaron a cabo sen contar coa nosa opinión, que non imos ter en conta.
Dirixímonos á aínda alcaldesa mosense, María Jesús Escudero, para recomendarlle que non teña a osadía de afirmar que Nidia Arévalo será unha alcaldesa ilexítima cando foi Nidia a candidata con maior apoio veciñal nas eleccións, quedándose a tan só 90 votos da maioría absoluta, e Escudero a que gobernou en minoría durante un ano e dous meses por mor dunhas evidentes discrepancias co BNG que retrasaron a sinatura do pacto de gobernabilidade conxunta durante todo ese tempo.
Que non diga que esta moción é ilegal, que se trata dun golpe de estado, cando está claramente avalada polas urnas e ademais é un cauce democrático recollido na lei que regula ós Concellos. Sen embargo este último ano e medio, no que María Jesús Escudero ostentou o cargo de rexedora local, sí que foi un goberno ilexítimo. Queremos que quede claro que durante dezaoito meses gobernaron os que perderon, aínda por riba sen pacto, e iso sí que é un ataque á democracia, ademais dunha vergoña.
Asegurámoslles a todos aqueles que aínda confían en que nos amedrentemos e voltémonos cara atrás, que as súas esperanzas veránse frustradas porque somos un grupo seguro, decidido e coas ideas claras. Depositamos a nosa total confianza nos 8 concelleiros do Partido Popular, entre eles a nosa presidenta, Nidia Arévalo, e apoiarémolos ata o final para que poida facerse posible que Mos escomence a camiñar con paso firme cara o futuro a partires do vindeiro día 12 de Decembro de 2008.
Informamos ademais de que o comité local do Partido Popular vai a dar conta ó fiscal da incitación á violencia que María Jesús Escudero e outros membros do PSOE de Mos están a levar a cabo estes días para conseguir que os seus simpatizantes impidan o día 12 que votemos a moción de censura no pleno. Aportaremos probas á fiscalía que respaldan a nosa acusación coma notas de prensa e grabacións realizadas durante mítins e manifestacións encabezados pola señora Escudero durante estes días. Dende o comité local do PP anunciamos que responsabilizaremos á actual alcaldesa de Mos de calquera incidente que poida ocorrer no pleno do día 12 para evitar que, se finalmente sucede algo que haxa que lamentar, non se excuse alegando que os actos realizados polos veciños para impedir a moción foron levados a cabo por iniciativa propia, xa que ela está facendo un chamamento claro e evidente a reventar dito pleno.
Pedímoslle por último á nosa aínda alcaldesa que desista no seu intento desesperado de desacreditar unha moción de censura totalmente legal e xustificada e a unha futura rexidora municipal, Nidia Arévalo, totalmente lexitimada para gobernar o Concello de Mos. Parécenos vil e rastreira a súa pretensión de enganar ós vecinos en mítines parroquiais que non fan máis que evidenciar a súa total desesperación.
Señora María Jesús Escudero, deixe xa de facer o ridículo, de xogar cos veciños e de faltarnos e faltarlles ó respecto; e invirta os días que lle quedan na alcaldía para salvagardar a pouca dignidade que aínda lle queda. Deixe de mentir e de enganar, recoñeza os seu erros e asuma que o verdadeiramente ilexítimo foi o seu goberno porque foi unha alcaldesa en minoría que non soubo entenderse cos seus socios do bipartito nin cos seus propios concelleiros, xa que o seu número dous, Gerardo Alonso, marchouse polo seu pésimo exercicio de liderazgo; nin soubo xestionar o Plan Xeral, nin o polígono da Veigadaña, nin o saneamento e o abastecemento municipais, nin os orzamentos anuais, endebedou ó Concello de Mos e moitas máis cousas.