COMPOSTELA .- (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, avogou por mudar “un escenario arbitrario de prestacións sociais”, por outro “de plena dignidade e equidade” durante a celebración esta tarde en Ferrol do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O máximo mandatario galego asegurou que o noso modelo de convivencia pasa pola transformación do que eran “axudas e dávidas discriminatorias” nun “estado de dereitos sociais”. “Porque non se pode falar dunha sociedade xusta e igualitaria se algúns dos seus cidadáns ou cidadás arrastran déficits de cidadanía, ou non teñen garantido os seus dereitos”, destacou.
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, avogou por mudar “un escenario arbitrario de prestacións sociais”, por outro “de plena dignidade e equidade” durante a celebración esta tarde en Ferrol do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O máximo mandatario galego asegurou que o noso modelo de convivencia pasa pola transformación do que eran “axudas e dávidas discriminatorias” nun “estado de dereitos sociais”. “Porque non se pode falar dunha sociedade xusta e igualitaria se algúns dos seus cidadáns ou cidadás arrastran déficits de cidadanía, ou non teñen garantido os seus dereitos”, destacou.
Nesta liña, Pérez Touriño destacou que ante a actual crise económica as solucións deben ter en conta as políticas inclusivas, “panca, non só de relanzamento social, senón de reactivación económica” e remarcou que o mellor medio para lograr a integración social das persoas con diversidade funcional é un acceso a un emprego digno e de calidade, nas mesmas condicións laborais que o resto dos traballadores galegos.
50.000 valoracións de dependencia
O máximo mandatario galego asegurou que, ao conxunto das accións postas en marcha no ámbito laboral destinadas a asegurar a plena integración das persoas con discapacidade, hai que sumar a aprobación da Lei de dependencia, “o proxecto social máis ambicioso dos últimos tempos”, e a máis recente Lei galega de servizos sociais. Touriño afirmou que estas normas marcan “unha dirección clara e sen marcha atrás”, e establecen que a política de apoio á dependencia e á discapacidade sexa unha “política horizontal, unha política de políticas, e non simplemente nun ministerio, consellería ou concellería”.
“O compromiso do meu Goberno con esta lei é o que permite que en novembro se tiveran feito 50.000 valoracións de dependencia das 53.500 solicitudes presentadas”, asegurou Pérez Touriño quen engadiu de, dese total, tiñan dereito de acceso ao Servizo Autonómico de Atención a Dependencia arredor de 31.000, e 15.000 teñen xa recoñecida a súa prestación, dentro dos Programas Individuais de Atención.

O CEGADI e outros sete novos centros
O titular da Xunta explicou, ademais, que a Lei da Dependencia foi acompañada, a nivel de Estado e a nivel galego, por outras moitas iniciativas que “crearon e aseguraron” novos dereitos cidadáns, como as leis de igualdade ou contra a violencia de xénero. “Pasamos dunha política de apoio ou de asistencia a unha política de dereitos de cidadanía, que son a esencia dun sistema democrático”, insistiu Pérez Touriño.
Nesa liña, o presidente galego adiantou que Goberno que preside realizará todos os esforzos para que sexa realidade, no horizonte do ano 2009, o Centro Galego de Desenvolvemento Integral (CEGADI), ao que se destina un orzamento de 8,7 millóns de euros. Un centro, xa en construción, que vai prestar un servizo de atención integral a persoas con discapacidade física dependente e que vai ser un gran apoio para as súas familias.

“E, complementariamente, a través do noso Plan de equipamentos para a atención á discapacidade, sumaremos ao CEGADI outros sete novos centros dirixidos a persoas con diferentes tipos de discapacidade psíquica, que cun investimento de 33 millóns de euros, suporán a creación de máis de 537 novas prazas de atención”, afirmou Touriño, quen destacou que, con esa mesma perspectiva integral e transversal, estase a traballar no Plan de acción integral para as persoas con discapacidade.
No transcurso da súa intervención, o titular da Xunta engadiu que este compromiso se reflicte, tamén, no feito de que as partidas que máis crecen en termos relativos nos Orzamentos de 2009 son as destinadas á creación de emprego (11,3%, 420 millóns) e á dependencia e servizos sociais (10,7%, 570 millóns). “Para reforzar a atención ás persoas dependentes e aos colectivos máis desfavorecidos, os recursos do Sistema Galego de Benestar crecen nos Orzamentos para 2009 nun 33%, e as dotacións para igualdade e conciliación soben un 56,2%”, engadiu.
Touriño aproveitou, por último, a celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade para manifestar a súa intención de impulsar desde a Presidencia da Xunta de Galicia o fortalecemento dun marco estable de colaboración entre o movemento asociativo da diversidade funcional e os diferentes ámbitos de responsabilidade administrativa do Goberno galego e agradeceu o seu labor e a súa importante achega ao desenvolvemento de Galicia.