VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O Movemento polos Dereitos Civís ven de presentar unha demanda perante o Tribunal de Xustiza de Galicia contra a decisión do Valedor de Pobo de denegar o seu lexítimo dereito de acceso. O expediente solicitado pola asociación contén as queixas contra a circular da concellería de Educación que solicitara no seu momento a retirada dos carteis de Nunca Mais dos centros educativos. Na súa demanda, o MpDC defende o dereito de acceso e denuncia a vulneración por parte do Valedor do principio de transparenza polo que se deben rexir as administracións públicas.
A asociación presentara no ano 2003 unha queixa perante o Valedor do Pobo por mor da vulneración de dereitos que supuña a circular da Consellería que esixía a retirada dos carteis dos centros. A gravidade dos feitos era aínda maior se temos en conta que os dereitos á liberdade de expresión que debían ser tutelados eran dos rapaces menores de idade. O Valedor, sorprendentemente, resolveu a a inadmisión da queixa alegando unha suposta falta de lexitimidade da asociación. Dado que o Valedor na súa resolución informaba da existencia doutras queixas sobre o mesmo asunto, o MpDC solicitou en virtude do dereito de acceso unha copia do expediente, coa finalidade de coñecer o tratamento e a solución que a institución daba ó caso.
De novo, a resposta do Valedor foi unha reiterada inadmisión a trámite das peticións da asociacións, sen que a institución se tomase a molestia de fundamentar xurídicamente estas decisións. Cómpre recordar que xa na Constitución aparece recollido o dereito dos cidadáns de acceder ós arquivos e rexistros administrativos; non se trata en ningún caso dun dereito menor, pois a el atópanse vinculados a participación política, liberdade de información ou a efectiva tutela xudicial. A decisión do Valedor, unha institución – recordemos- de orde constitucional e con consideración de administración pública a efectos de control xudicial, supón tamén unha evidente vulneración dos principios de transparencia que deben rexir a actividade da administración. As razóns e os criterios das decisións desta deben ser accesibles ós cidadáns.
O Movemento polos Dereitos Civís espera que o TSXG acepte a súa argumentación e obrigue ó Valedor a facilitar o acceso ó expediente en cuestión. Mais, sobre todo, a asociación agarda a e desexa un cambio na actitude do Valedor: é inaceptable que a institución creada para a defensa dos dereitos de todos sexa a primeira en vulneralos. Se a trasparenza e a accesibilidade deben ser un principio constante nas relacións entre administración e cidadán, o Valedor do Pobo ten que ser sen dúbida o primero e significativo exemplo.