PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna).- O BNG, obriga a González Solla a celebrar un pleno extraordinario para tratar o destino do Fondo estatal de Investimento local, así o adiantou o Portavoz municipal do BNG, Bolívar González, lembrando que o pleno terá que celebrarse nos próximos 15 días. Os nacionalistas, utilizarán a sua condición de primeira forza política da Corporación, que lles permite convocar até 3 plenos extraordinarios ao ano.
Bolívar González declarou que “O Fondo de Investimento Local, posto en marcha por mor da crise, que en Ponteareas ascende a 3.966.484, abre a posibilidade de realizar obras fundamentais para mellorar a calidade de vida, permitindo atender moitas das aspiracións demandadas durante décadas como saneamento”.
Para o BNG, é o momento de que o goberno municipal atenda todas aquelas demandas sociais que ata agora demoraba coa escusa de que “non hai cartos”. Con esta finalidade, os nacionalistas van manter unha reunión, con todos os colectivos sociais do concello; asociacións de veciños, comunidades de montes, entidades culturais, traídas de augas, etc., para tratar sobre as obras que se poden financiar con cargo a este fondo, coñecer as prioridades veciñais e informar da iniciativa que o BNG levará a pleno.
Os nacionalistas fan fincapé na importancia de escoitar aos colectivos veciñais, que son os que mellor coñecen as necesidades prioritarias, con este motivo plantexarán, no pleno extraordinario, a creación dunha comisión, coa participación dos colectivos sociais e os grupos políticos da corporación. Esta comisión terá o cometido de realizar a proposta das obras de execución inmediata, do concello de Ponteareas, a incluir no Fondo Estatal de Investimento Local polo importe dos 3.966.484 euros.