06 diciembre 2008

Seminario sobre "o primeiro Laxeiro"
no museo de Pontevedra

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O novo edificio do Museo de Pontevedra acollerá, a partir do mércores 10 de decembro e ata o venres 12, un seminario que analizará pormenorizadamente o triplo escenario –europeo, español e galego- que enmarca a produción de “O primeiro Laxeiro”. Así mesmo se estuda tamén o traballo dos grandes pintores da súa xeración como: Maside, Torres, Colmeiro e Torres, receptores, como el, de pensións da Deputación que contribuíron a mellorar súa formación.

Artistas, escritores, críticos de arte e profesores da Universidade de Santiago analizarán a realidade da época a través de aspectos como a arquitectura, ilustración gráfica, fotografía, en definitiva el arte e la cultura da época do primeiro Laxeiro.

Este ciclo de conferencias vén a completar a exposición que sobre o pintor José Otero Abeledo, Laxeiro, se estase desenvolvendo no novo edificio do Museo de Pontevedra e que permanecerá ata o 11 de xaneiro. Dicha mostra recolle a actividade do pintor desde os seus inicios ata o seu establecemento en Vigo no 1942.

O programa do seminario será o seguinte:

PROGRAMA
 10 de decembro de 2008
 16:00 h. Inscrición
 17:00 h. Inauguración
 17:15 h. Conferencia
Notas sobre a arte europea de entreguerras
TOMÁS LLORÉNS, historiador da Arte
 18:15 h. Conferencia
Entre a monarquía e a posguerra: a paisaxe artística española
MIGUEL FERNÁNDEZ-CID, escritor e crítico de arte
 19:15 h. Coloquio
 20:15 h. Visita á exposición O primeiro Laxeiro (1908-1942)
 11 de decembro de 2008
 10:00 h. Conferencia
A arquitectura en Galicia en tempos do primeiro Laxeiro
ANTONIO GARRIDO MORENO, Universidade de Santiago de Compostela
 11:00 h. Conferencia
A escultura en Galicia en tempos do primeiro Laxeiro
JUAN M. MONTERROSO MONTERO, Universidade de Santiago de Compostela
 12:00 h. Descanso
 12:15 h. Conferencia
A pintura en Galicia en tempos do primeiro Laxeiro
JOSÉ MANUEL B. LÓPEZ VÁZQUEZ, Universidade de Santiago de Compostela
 13:15 h. Coloquio
 17:00 h. Conferencia
A ilustración gráfica en Galicia en tempos do primeiro Laxeiro
MERCEDES BANGUESES VÁZQUEZ, doutora en Historia da Arte
 18:00 h. Conferencia
A fotografía en Galicia en tempos do primeiro Laxeiro
XOSÉ LUIS SUÁREZ CANAL, Centro de Estudos Fotográficos
 19:00 h. Descanso
 19:15 h. Conferencia
Pontevedra en tempos do primeiro Laxeiro: Sociedade, Arte e Cultura
XOSÉ CARLOS VALLE PÉREZ, Museo de Pontevedra
 20:15 h. Coloquio
 12 de decembro de 2008
 10:00 h. Conferencia
Carlos Maside
ROSALÍA PAZO MASIDE, escritora e artista
 11:00 h. Conferencia
Manuel Torres
FERNANDO M. VILANOVA, doutor en Historia da Arte ? Belas Artes
 12:00 h. Descanso
 12:15 h. Conferencia
Manuel Colmeiro
CARLOS LÓPEZ BERNÁRDEZ, historiador da Arte
 13:15 h. Coloquio
 17:00 h. Conferencia
Arturo Souto
Mª. LUISA SOBRINO MANZANARES, Universidade de Santiago de Compostela
 18:00 h. Conferencia
Laxeiro
XOSÉ ANTÓN CASTRO FERNÁNDEZ, Instituto do Patrimonio Cultural de España
 19:00 h. Coloquio
 20:00 h. Clausura


Para os asistentes a este simposio estase a tramitar a concesión dun crédito de libre elección coa Universidades de Vigo, para que os interesados deberán inscribirse previamente.