04 diciembre 2008

Pleno xuvenil cos alumnos
do Instituto da Guarda

A GUARDA (MORRAZO-tribuna) .- Co gallo da celebración do 30 aniversario da Constitución, alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Administración e Finanzas do IES A Sangriña da Guarda celebrarán, este venres día 5 de decembro as 11:00 h, un Pleno Xuvenil que terá lugar no salón de plenos do concello.
A celebración deste pleno forma parte dunha actividade escolar complementaria do Ciclo Formativo de Administración e Finanzas xa que no seu temario inclúe o estudio das administracións locais.

O Concello pretende, ca celebración deste acto que da continuidade ao pleno infantil celebrado no 2007, fomentar a participación cidadá na vida municipal e dar a coñecer o funcionamento da institución a todos os guardeses, sobre todo aos mais novos.