PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) expresa a súa mais enérxica condena ao atentado que ten costado a vida ao empresario Ignacio Uría Mendizábal en Azpeitia.
Tamén quere achegar a súa condolencia á familia e amigos do falecido e o seu recoñecemento e apoio ao empresariado vasco, que mantén con firmeza o seu compromiso emprendedor e de creación de emprego, soportando o acoso constante da banda terrorista.
Expresa ademais ao Ministerio do Interior e ao Departamento de Interior do Goberno Vasco, o apoio da FEGAMP ás Forzas de Seguridade do Estado á Ertzaintza, para que segan perseguindo coa mesma eficacia aos terroristas e para que o Estado de Dereito caia con tódalas súas forzas sobre os asasinos.
A FEGAMP, en nome de tódalas Corporacións Locais galegas ás que integra e ás que representa, manifesta a súa máis contundente repulsa de esta acción asasina de ETA. Reitera a súa condena de calquera uso da violencia coa intención de someter ao Estado de Dereito e manifesta a esperanza do municipalismo en que pronto poidamos coñecer o fin da barbarie terrorista.
O presidente da FEGAMP, Carlos Fernández, remitiu aos municipios a convocatoria de concentracións silenciosas diante dos concellos para hoxe, xoves, catro de decembro, ás 12:00h.do mediodía.