VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, fixo un chamamento ao empresariado galego a “camiñar” co Goberno para fortalecer xuntos a economía produtiva do país, ao tempo que apostou pola necesaria intervención pública no sistema financeiro para que esta economía produtiva reciba crédito. Quintana explicou que, fronte á crise actual, a súa mensaxe é ben clara, “creo que o que hai que facer é sumar esforzos entre o Goberno e o mundo empresarial e marcarse obxectivos comúns e creo que debemos estar todos interesados, empresarios e gobernos, en facer un esforzo para cambiar o vixente modelo económico”. Quintana manifestouse así nun xantar-coloquio coa Confederación de Empresarios de Galicia
Lembrou que vivimos durante moitos anos inmersos nun modelo económico no que se primou máis a aquelas persoas que, sen arriscar o seu capital, sen arriscar o seu patrimonio, pretendían facer negocios exprés accedendo a financiamento bancario, “primouse máis ese tipo de economía que a economía de moitos empresarios galegos que arriscan o seu patrimonio, que poñen ao servizo da súa empresa a súa intelixencia e que basean as súas posibilidades de éxito no seu esforzo e no seu traballo”. O resultado deste modelo económico practicado ata agora é hoxe, segundo expuxo Quintana, a destrución de empresas, o paro e a anguria para moitos cidadáns, “polo tanto, é o momento mellor que nunca de que o Goberno e empresarios camiñemos xuntos para fortalecer a nosa economía produtiva. E para iso, os empresarios teñen que poñer a súa capacidade de innovación, a súa capacidade de xeración de emprego e de riqueza, e o Goberno ten que acompañar iso con medidas que permitan que ese labor se poida realizar”.
Nese sentido, o vicepresidente explicou que considera necesaria unha intervención pública no sistema financeiro para asegurar que o sistema financeiro dea crédito á empresa produtiva e para iso cre que se debe utilizar o noso autogoberno, e entre outras cousas, pór en marcha un Instituto de Crédito Oficial en Galiza. Un instituto que sirva para o financiamento a fondo perdido de proxectos empresariais, que sirva para participar no capital de empresas que precisen axuda de capital risco para as súas primeiras andainas e tamén é necesario ese instituto, tal e como sinalou Quintana, para fornecer de crédito a medio e longo prazo a proxectos de investimento que fomenten a economía produtiva, “de algún xeito, ten que servir para suplir aquilo que a banca tradicional non está a facer agora”.
Sector naval
A preguntas dos xornalistas antes do xantar sobre as mensaxes de esperanza que se lle poden lanzar á cidadanía, o vicepresidente Quintana asegurou que hai unha manexe ilusionante que lles debe quedar clara aos cidadáns, “esa mensaxe é que, para que poidamos saír desta crise, os cidadáns non precisamos tanto que nos dean subvencións, como que simplemente nos deixen traballar”. Referíase así aos sectores estratéxicos da economía galega que, mesmo en tempo de crise poden medrar e poden internacionalizarse, e un deses sectores é o sector naval. “Se a nós nos deixan traballar no estaleiro de Fene poderiamos crear entre 3.000 e 5.000 empregos directos, postos estables e de calidade”, lembrou Quintana.
O vicepresidente recordou que son necesarias as medidas de inxección publica para crear postos de traballo que necesariamente son temporais, ”e eu creo que é moi necesario que se faga iso porque son necesarias medidas de choque, pero moito máis positivo será non ter que usar fondos públicos e aínda encima crear postos de traballo estables e de calidade”. Dixo que iso se pode facer en e dende Galiza porque temos sector naval, mentres que noutros sitios non poden facelo porque non teñen eses sectores económicos.
Anxo Quintana explicou que esta é a mensaxe de esperanza e de ilusión que hai que lanzar á cidadanía, “Galiza precisa autoestima. Os cidadáns galegos teñen que saber que por nós mesmos podemos, que somos capaces de saír desta situación e se o facemos entre todos vamos saír adiante”.
Audasa
Preguntado sobre os problemas rexistrados onte na Autopista do Atlántico por mor das xeadas, o vicepresidente lembrou que Audasa é a concesionaria da xestión dunha infraestrutura básica para o país. “Os galegos e galegas pagámoslle, penso que xenerosamente, coas nosas taxas para que eles poñan solucións en momentos coma estes, e se non se reduce a peaxe, creo que estamos en condicións de reclamar que non se reduzan os servizos senón que se melloren”, manifestou o vicepresidente, para engadir que cuestións coma a que se deu onte son totalmente inadmisibles.
Dixo que é lóxico que o Goberno galego reclame que se cumpran os compromisos contractuais e que cuestións coma esta de onte non volvan suceder. O vicepresidente asegurou que Audasa debería ter claro que o seu traballo consiste en cobrarlle unha peaxe aos cidadáns galegos para darlles un servizo, “e se non lle dá o servizo, ao mellor os cidadáns galegos o que teñen que pensar é en deixar de pagar a peaxe”. Explicou que os usuarios teñen no Goberno o seu representante, e polo tanto, “o primeiro que debe facer o Goberno é o que está facendo, non quedar calado, non cruzarse de brazos e non agachar a cabeza. Iso é o que está facendo o Goberno galego e a iso se debe a reclamación da Consellería de Política Territorial”. Independentemente diso, Quintana recordou que os usuarios están no seu pleno dereito de facer as reclamacións que consideren oportunas polos danos ocasionados na xornada de onte.
Quintana reiterou que, ao seu entender, Audasa debería pensar moi moito en mellorar a prestación do seu servizo e que cuestións coma esta de onte non volvan suceder, “porque senón sería lóxico que os cidadáns galegos se cuestionaran a xustiza de pagar unha peaxe pola cal despois non reciben o servizo pactado”.