15 diciembre 2008

Touriño y Caride inauguran
la imperfecta autovía do Barbanza

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).-Touriño y Caride inauguraron hoy la autovía del Barbanza, una infraestructura muy importante, sin duda, pero hecha de aquella manera : dejando aún sin resolver los problemas secundarios causados a vecinos de la zona que no han deja de exteriorizar sus protestas, respaldados por un par de alcaldes que anunciaban ayer que no irían a la inauguración de hoy. Con todo, la obra -imperfecta- está ahí y los automovilistas no notarán el problema que a bastantes vecinos les queda...

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, destacou hoxe que a nova Autovía do Barbanza cumpre “o máis alto estándar o de seguridade posible” e salientou que, con máis de 40 quilómetros e un investimento de case 130 millóns, se trata da actuación “máis potente” dentro da rede de estradas de titularidade autonómica. O máximo mandatario galego e a consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, inauguraron esta mañá esta infraestrutura que, segundo remarcou Pérez Touriño, é un “magnífico exemplo” do que está a supoñer o cambio para Galicia. “Un cambio que neste caso se substancia en transformar a improvisación, inseguridade, conxestión e falta de ambición que caracterizaba a antiga vía rápida, pola planificación, seguridade, mobilidade e contribución ao desenvolvemento económico que supón a nova Autovía do Barbanza”, asegurou. “Unha infraestrutura propia dun novo país”, engadiu.
O presidente da Xunta afirmou que a aposta pola seguridade na Autovía de Barbanza forma parte dunha nova cultura, a da de seguridade viaria, que o seu Goberno está a estender por Galicia. “Trátase dun tarefa de país. Por iso, o meu Goberno nomeou unha comisionada para a Seguridade Viaria que hoxe está aquí connosco, facendo o seu traballo”, afirmou. Pérez Touriño valorou, tamén, o “tempo récord” no que se ten rematado a obra, 26 meses -1 mes antes do previsto- a pesar de tratarse dunha actuación de gran complexidade técnica.
Punta de lanza para o desenvolvemento da comarca e para o reequilibrio de Galicia
O presidente galego explicou que a nova autovía é a “punta de lanza” sobre a que se concretará todo o potencial de desenvolvemento da comarca do Barbanza e asegurou que, desta infraestrutura, se vai beneficiar un importante tecido produtivo e os máis de 80.000 habitantes da zona, que van ver considerablemente melloradas as súas posibilidades de mobilidade nunhas condicións de seguridade que non cumpría a antiga infraestrutura. No transcurso da súa intervención, Pérez Touriño valorou, ademais, o papel estratéxico da Autovía do Barbanza como elemento clave para o reequilibrio territorial, prolongando ata o sur o eixe de desenvolvemento que forman Ferrol- A Coruña e Santiago, e asegurou que a súa posta en servizo beneficiará a toda Galicia. “Grazas a esta infraestrutura, Barbanza será a rótula que una o norte co sur da Comunidade”, destacou.
O titular da Xunta salientou que O Barbanza dispón hoxe dunha autovía de 40 quilómetros que supuxo un investimento de case 130 millóns de euros, concretamente 127 millóns. O titular da Xunta aproveitou a súa intervención, ademais, para recoñecer a dificultade que supuxo a tarefa de simultánear a construción da autovía co mantemento do tráfico rodado e agradeceu este esforzo á Consellería de Política Territorial, aos concellos e a todas as persoas que sufriron algún tipo de molestia.
400 quilómetros de vías de altas prestacións

Touriño salientou que, a esta autovía, hai que unir a de Santiago- Brión, a do Salnés, parte da autovía entre Ferrol e Vilalba, a autovía Santiago- Ramallosa e a que une Dozón con Cea para “completar 133 quilómetros libres de peaxe cando, ao principio da lexislatura, só contábamos con 27, é dicir, os multiplicamos por cinco”. “Galicia está gañando a batalla da accesibilidade. Traballamos na xeración dunha rede de comunicacións viais de calidade e os resultados deste traballo xa están á vista”, concluíu o máximo mandatario galego.
Nesta liña, o presidente galego explicou que a Comunidade tiña, á súa chegada ao Goberno, 200 quilómetros de vías de altas prestacións aos que haberá que sumar outros 200 cando remate o mandato. “Duplicamos a cifra e por iso estamos falando de 400 quilómetros de vías de altas prestacións”, afirmou.

20 quilómetros de sistema de protección de motoristas
No transcurso da súa intervención, a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, explicou algunhas das características técnicas da nova autovía. Así, a titular do departamento autonómico destacou, dentro das medidas postas en marcha para garantir a seguridade dos usuarios, a instalación de máis de 20 quilómetros do sistema de dobre protección de motoristas.

Caride explicou, ademais, que o 40% da Autovía do Barbanza é de novo trazado é que, no resto da infraestrutura, se ten actuado sobre os puntos de concentración de accidentes e, de xeito especial, sobre as curvas que rexistraban unha maior sinistralidade. Caride destacou, tamén, que a infraestrutura suporá acurtar os tempos de viaxe e explicou que ten un quilómetro menos que a antiga vía rápida. A conselleira asegurou que o tráfico da autovía estará controlado as 24 horas do día desde un centro de control de tráfico que se situará en Boiro e remarcou que a infraestrutura disporá de 22 parellas de puntos SOS e de 14 paneis informativos.

A conselleira de Política Territorial salientou, por último, a “permeabilidade” da autovía e asegurou que se abrirá ao público con 12 enlaces, 28 pasos superiores e 49 inferiores. “O que supón un paso cada 500 metros, un esforzo moi importante”, concluíu.