15 diciembre 2008

Foto del día : intercambios
que los jóvenes no olvidarán

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O deputado provincial de Deportes e Xuventude, José Enrique Sotelo, recibíu esta mañá no Pazo da Deputación a trinta e dous mozos de Jelgava (Letonia), Kazar (Hungría), Gondomar (Portugal) e A Lama (Pontevedra), participantes nun Intercambio Xuvenil Multilateral Europeo, enmarcado dentro do programa “ La Juventud en Acción” de la Comisión Europea. Durante estes días os mozos participaron en diversas actividades culturais compartindo charlas, obradoiros, conferencias e encontros. Así mesmo tiveron a oportunidade de coñecer o patrimonio artístico e cultural de Pontevedra e de outras cidades galegas. A temática elixida para este encuentro foi “Patrimonio histórico-artístico na memoria europea” elixindo en concreto o patrimonio histórico-artístico de Galicia. 
O principal obxectivo destes programas europeos é o de fomentar entre os mozos unha participación máis activa, ser máis tolerantes, reforzar as ideas de igualdade e o antirracismo así como obter unha maior concienciación europea que permita estreitar os lazos entre os países da Unión.