VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O concelleiro de Cultura, o nacionalista Xesus López, denunciou a inxerencia do PSOE no departamento que dirixe ao convocar dende Alcaldía a presentación da Banda Sinfónica de Vigo para este pasado venres día 5 de decembro. Na súa intervención, o edil do BNG lembrou que cando hai ano e medio se constitíu o goberno municipal ambas formacións políticas acordaron non cometer inxerencias nas nas áreas que non eran da súa competencia.
“O BNG ten sido absolutamente respectuoso co outro grupo de goberno e non comete inxerencias nas áreas do PSOE”, subliñou o concelleiro de Cultura, quen manifestou que o acordo non ten sido respectado pola outra parte do goberno municipal, como xa teñen sido denunciadas en diversas ocasións as continuas inxerencias cometidas polos socialistas. “Quixera que estas declaracións foran tomadas como un golpe na mesa, como un basta xa, tras a sucesión de inxerencias”, salientou Xesus López.
O edil nacionalista explicou como hai unhas semanas tivo coñecemento de que dende Alcaldía se estaba traballando para poñer en marcha a Banda Sinfónica de Vigo, “un proxecto no que dende a Concellería de Cultura levamos meses traballando para poñer en marcha no 2009”, indicou. Ademais, sinalou que tras coñecer este proxecto, tratouse o tema na Xunta de Goberno, onde dende o PSOE se lle asugurou que o proxecto quedaba paralizado, ao recoñecer que se trataba dun asunto correspondente á área de Cultura. Porén, Xesus López manifestou o seu estupor ao recibir unha invitación á presentación da Banda Sinfónica de Vigo o vindeiro venres 5 de decembro, “na mesma data e á mesma hora que temos previsto outro acto da programación de Nadal”, como é o encendido do alumeado de Nadal. “A inxerencia prodúcese dobremente”, sinalou Xesus López, xa que non só se refire ao tema senón tamén á programación do acto. Ao respecto, dixo que se vai a estudar se o convenio coas bandas de música, que ascende a 160.000 euros, se leva a cabo.
“Non imos a consentir máis inxerencias deste tipo”, asegurou o edil do BNG, quen anunciou que se porá en contacto coa área do PSOE para comunicarlle que non se tolerarán máis inxerencias, “posto que ata o de agora só recibimos boas palabras, asegurando que este tema se solucionaría”.