VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Xunta sostén que se trata dunha ampliación “necesaria e inexcusable” e lembra que Zapatero sempre cumpriu os seus compromisos
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asegurou esta mañá que non dará “nin un paso atrás” na esixencia ao Goberno do Estado de que cumpra o seu compromiso e amplíe a AP-9 nas entradas ás cidades de Vigo e A Coruña e na circunvalación de Santiago. “É necesario e é inexcusable”, salientou o xefe do Executivo galego, quen manifestou que se trata dun compromiso de José Luis Rodríguez Zapatero. “Debe ampliarse e hai un compromiso de Goberno. E ata agora, estou seguro que no futuro, o presidente do Goberno de España cumpre os seus compromisos”, indicou.
A preguntas dos xornalistas, o máximo mandatario autonómico explicou que lle propuxo ao presidente do Goberno e á ministra de Fomento a ampliación da Autoestrada do Atlántico tanto nas entradas ás cidades de Vigo, o que inclúe Rande, e da Coruña como das circunvalacións de Santiago e Pontevedra, que, puntualizou, “non ten a mesma urxencia porque así o dixo o Concello de Pontevedra”.
Tal e como expuxo, o Goberno mantivo conversas coa concesionaria e o que se debe determinar coa empresa agora é a fórmula para materializar ese compromiso. “Hai un compromiso, ese compromiso se mantén. Polo tanto, non estou en disposición de dar nin un paso atrás para que a AP-9 sexa ampliada. Debe ampliarse e hai un compromiso de Goberno. E ata agora, estou seguro que no futuro, o presidente do Goberno de España cumpre os seus compromisos”, aseverou.
Cumprir as obrigas da concesión
Respecto dos incidentes ocorridos esta semana na Autoestrada do Atlántico, o presidente asegurou que o Goberno da Xunta o que fixo foi “reclamar inmediatamente” ante o Ministerio de Fomento, que é quen tutela a concesión da AP-9, a esixencia do cumprimento debido por parte da concesionaria “de todas e cada unha das obrigas da súa concesión”. “Non pode ocorrer, non debe ocorrer, non debeu de ocorrer en ningún caso os erros concatenados que no terreo da prevención e da resposta inmediata deron lugar aos incidentes serios que se produciron na prestación do servizo por parte de quen é concesionario dun servizo público”, indicou.
Tal e como indicou Touriño, o Ministerio de Fomento acaba de abrir un expediente para investigar o sucedido. “Ninguén pode impedir que existan condicións meteorolóxicas adversas, pero iso non exime de que diante desas condicións se tomen todas e cada unhas das medidas que eviten caos, que eviten a situación caótica que viviu a AP-9”, expresou o presidente, quen incidiu en que se deben respectar os dereitos e os deberes de cada parte.
“Esa é a ruta, cumprir e facer que se cumpra, cumprimos os que pagamos, teñen que cumprir a concesionaria e quen ten a obrigación de facer que a concesionaria cumpra. Isto non é un país bananero, onde cada un pode facer o que lle pete. Hai relacións que hai que respectar. Hai un réxime xurídico que hai que respectar. Hai obrigacións contractuais que hai que respectar polas dúas partes. Polos usuarios que pagamos a nosa peaxe e por parte de quen cobra a peaxe e tutela o servizo que ten que garantizar que este se presta en condicións”, expuxo.
Privatización lesiva para a comunidade
O presidente lembrou que no 2003 a medida que tomou o Goberno do PP, “aplaudida” polo Goberno do PP en Galicia, foi a de privatizar a autoestrada, feito que “danou e debilitou a Galicia” e que foi “en contra do interese xeral da comunidade”. “Foron decisións gravemente equivocadas, erróneas, porque debilitan a Galicia e restan forza e capacidade de progreso e modernidade á nosa comunidade”, subliñou o presidente, quen animou a comparar o prezo polo que foi privatizada esta infraestrutura co prezo de venda pactado por Sacyr e Citigroup
“Saben perfectamente a posición mantida por quen lles fala na oposición e desde a Presidencia da Xunta de Galicia, opoñerse radicalmente a iso, non por ningún principio ideolóxico, porque tiña claro que esa era unha posición que ía en contra de Galicia e do noso interese, e que ía debilitar e restar forza ao país”, remarcou o presidente, quen instou á concesionaria a cumprir coas súas obrigas de servizo aos cidadáns.