MOS (MORRAZO-tribuna).-Todos os mosenses víctimas de danos persoais e materias causados polo temporal de choiva e vento que afectou a Galicia dende o pasado 23 de Xaneiro poderán solicitar a concesión de axudas que os indemnicen. Os interesados en percibir estas dotacións deberán presentar a súa solicitude antes do día 3 de Marzo, polo que lles queda un plazo de pouco menos dun mes para facelo.
No caso da concesión de axudas destinadas a sufragar os danos causados en vivendas e instalacións complementarias, as actuacións subvencionables serán: os casos de desperfectos na residencia habitual que recibirán o 100% do valor de reparación ou reposición do inmoble danado, os casos de danos nas vivendas non habituais que recibirán o 40% do valor de reparación; e os casos de destrozos en construccións anexas ou instalacións complementarias ás vivendas coma pozos, canastros, alpendres ou invernadoiros que serán subvencionados ó 100% se forman parte da residencia habitual e ó 40% se o fan da vivenda non habitual, non podendo superar nunca o importe da axuda os 3.000 euros. Os posibles demandantes destas partidas deberán solicitalas dirixíndose á consellería de Vivenda e Solo.
No caso dos danos provocados nos establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís e nas infraestructuras enerxéticas e turísticas de titularidade municipal os beneficiarios das axudas serán os titulares do primeiro tipo de establecementos e os concellos cuias infraestructuras enerxéticas e turísticas de titularidade municipal resultaren danadas. O crédito destinado a estas axudas ascende a 3.800.000 euros que se repartirán en contías de 400.000, 600.000, 800.000 e 1.000.000 de euros. Os interesados en solicitalas deben facelo dirixíndose á consellería de Innovación e Industria.
No caso da concesión de axudas e subvencións por danos persoais, os beneficiarios serán as persoas afectadas directamente por incapacidade absoluta permanente ou lesións que causasen a hospitalización derivadas de incidentes acaecidos durante o temporal; e as víctimas indirectas, que serían os cónxuxes, fillos ou netos menores de idade das persoas falecidas a causa do temporal. Estas axudas serán de 18.000 euros nos casos de falecemento ou incapacidade permanente absoluta, e de entre 60 e 103 euros por día de hospitalización, no suposto de lesións. Quen se atope nalgún destes casos pode solicitar a axuda dirixíndose á consellería de Economía e Facenda.