VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acudiu este mediodía ó Auditorio de Lalín, xunto có vicepresidente e alcalde local, Xosé Crespo, e o deputado e alcalde de Cerdedo, José Balseiros, para facer entrega do reparto das axudas a cooperativas, sociedades agrarias de transformación e organizacións de produtores da comarca do Deza.
Louzán entregou 12 subvencións por un importe total de 220.000 euros ás cooperativas, ás sociedades agrarias de transformación e ás organizacións de produtores agrícolas e gandeiros da comarca, representadas por Xuncoga, Campodeza, Val do Deza, Cooperativa Gandeira de Dozón, Cobideza, Servipor, Coafor, Indega, Gandeiros do Deza, Aprodeza, Monte Soto e Cooperativa Gandeira de Botos.
Según o presidente, estas axudas destinaranse, entre outros, a obra civil _mellora e construción de infraestruturas-, dotación ou renovación de maquinaria, dotación de mobiliario, de material informático, elaboración de medidas de aforro enerxético ou dotación de sementais.
No acto, o presidente da Deputación anunciou a inminente construcción dun novo edificio para un novo Laboratorio en Mouriscade que estará dotado con medios máis modernos e tecnoloxía punta. A construcción do novo Laboratorio débese á importante laboura que se ven realizando dende Mouriscade para apoio ás cooperativas, SAT e organizacións.
A principal actividade do Laboratorio de Mouriscade centrase na analítica de forraxes, piensos e, en xeral, de tódalas materias primas destinadas á alimentación animal, actividade que ven mantendo dende 1993 de xeito progresivo. Outras liñas do Laboratorio son a identificación de xermes causantes de mamitis e os análisis de augas.
No ano 2007, o Laboratorio realizou 14.100 análisis de ensilados; 15.400 de piensos e materias primas; 1.075 de augas; e 37.200 de identificación de xermes de mamitis. Os datos do 2008 serán dados a conocer en breve.