06 febrero 2009

CARLOS PÉREZ, ANTÓN PAZ, FERNANDO ECHÁVARRI E BEGOÑA FERNÁNDEZ FORON PREMIADOS COMO OS MELLORES DEPORTISTAS DO ANO NA GALA DO DEPORTE PROVINCIAL


VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).-Os deportistas Carlos Pérez Rial (Piragüísmo), Antón Paz (Vela), Fernando Echávarri Erasun (Vela) e Begoña Fernández Molinos (Balonmán) foron elixidos hoxe como mellores deportistas provinciais do ano 2008 nas categorías masculina e feminina, na Gala do Deporte que cada ano celebra a Deputación Provincial de Pontevedra.
Pola súa banda, David Cal Figueroa recolleu un recoñecemento á súa carreira deportiva como mellor traxectoria olímpica.
No acto celebrado hoxe no auditorio de Príncipe Felipe tamén foron premiados os deportistas Lara Lagoa Patiño (Vela) e Óscar Vicente Rodríguez (Triatlón e Pentatlón moderno) que recibiron hoxe unha distinción como mellores promesas masculina e feminina.
Así mesmo, tamén foron recoñecidos o Rallie Rías Baixas como o mellor evento deportivo organizado na provincia de Pontevedra; e Alfonso Ortega (atletismo) que foi destacado coa distinción de mellor traxectoria deportiva; José Armando Ufarte Ventoso, como mellor entrenador.
Pola súa banda, Frigorífocos do Morrazo recibiu unha mención como a mellor empresa polo respaldo e patrocinio que presta ós diferentes equipos e deportistas da provincia o Club Deportivo Areosa como mellor entidade en promoción deportiva. Finalmente, o SuperFroiz foi recoñecido como mellor equipo da provincia.
A Gala do Deporte naceu co propósito de recoñecer o esforzo realizado polos deportistas da provincia nas categorías masculina e feminina; as empresas que teñan destacado de forma especial pola actividade realizada ó longo do ano en favor do deporte e ós clubs que máis éxitos acadados, ademais de conceder varias mencións especiais.
A Deputación celebrou este ano a Gala do Deporte no reformado auditorio de Príncipe Felipe cun aforo de 1.000 persoas. A entrega destes premios estivo amenizada polas actuacións musicais de David Civera que foi o encargado de pechar o acto; pola compañía de performances Pablo Méndez e polo Club Maniotas de ximnasia rítmica.