PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- “Co Partido Popular de Galicia, a eleccion do novo director xeral da CRTVG será por consenso da maioría reforzada do Parlamento e o faremos nos tres primeiros meses do Goberno” para escenificar a “vontade de cambio e de rexenerar a vida democrática” de Galicia. Foi o anuncio efectuado hoxe polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, nunha conferencia pronunciada na Facultade de Ciencias Socias e da Comunicación de Pontevedra.
Fronte ao uso sectario e propagandístico que o bipartito está a facer dos medios de comunicación de titularidade autonómica –acreditado polo Valedor do Pobo, pero tamén pola Xunta Electoral ata en cinco veces Nas catro últimas semanas-, o PPdeG avoga por un marco institucional consensuado e sometido ao control do Parlamento que consolide a comunicación como un instrumento ao servizo da confianza social.
Na súa intervención Feijóo recordou que o bipartito incumpriu o compromiso de elaborar unha lei de reforma da CRTVG, pero tampouco remitou ao Parlamento a lei de publicidade institucional que anunciara.
COMPROMISO DE REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA
Pola contra, o PPdeG reforzará o seu compromiso de renexeración democrática cunha lei de comunicación e publicidade institucional que poña fin aos demáns dos últimos catro anos. “Tanto a publicidade como a comunicación son instrumentos de intermediación das relacións comerciais e humanas da sociedade actual”, e como tales deben ser regulados para evitar unha utilización perversa dos mesmos.
Para iso, o futuro Goberno de Feijóo impulsará unha norma legal que abarque tanto á comunicación como a publicidade institucional, pero “sometida ao control parlamentario e ao informe técnico profesional para que non quede ningunha dúbida de imparcialidade no uso e administración dos recursos púbilicos”. Feijóo engadiu que a elaboración desa norma, o seu Goberno recabará o parecer dos profesionais dos medios de comunicación, asociacións profesionais e institucións académicas como a que hoxe acolleu a súa conferencia.
APOSTA POLAS TIC
Paralelamente, Feijóo anunciou que a política económica do Goberno do PPdeG “apostará decididamente pola innovación e a tecnoloxía e pola especialización, concentrando os esforzos públicos e privados naqueles sectores estratéxicos nos que Galicia presenta vantaxes competitivas, entre os que as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) deben desempeñar un papel esencial”.
“Por iso –agregou-, entre os sectores estratéxicos que queremos apoiar está o das TIC e para elo propugnamos incentivar, colaborar e prestar o máximo apoio ao funcionamento do Cluster das TIC en Galicia”.
Feijóo chamou a atención sobre o papel da universidade como “dinamizadora e potenciadora do talento dos galegos do séxulo XXI” na medida en que unha das claves da Galicia do futuro reside en “estar preparados para competir con talento e creatividade na nova sociedade do coñecemento”.
Un Feijóo que se declarou optimista e con confianza no futuro, reiterou que a prioridade absoluta do futuro Goberno do PPdeG na próxima lexislatura consistirá en loitar contra o paro e poñer fin á crecerte emigración de mozos galegos que se ven abocados a emigrar a outros territorios á busca dunha oportunidade laboral. De feito, no terceiro trimestre de 2008, 11.540 mozos galegos víronse obrigados a emigrar, a cifra máis elevada dos últimos 15 anos.
Para invertir esta situación, Feijóo abogou por desterrar as medidas cortopracistas, descoordinados e improvisadas, como as que viñeron poñendo en marcha, ata o de agora, os Executivos autonómico e nacional. No seu lugar, o PPdeG contempla unha dobre estratexia: “unha verdadeira política económica que incida, á vez, no curto prazo, para saír da crise, e ao longo prazo, reformando o conxunto do tecido produtivo e social e afortalando a súa capaciadade de competir nos mercados españois e internacionais”.
REFORMAS ECONÓMICAS
Nesta liña, o PPdeG impulsará un paquete de reformas económicas baseado en cinco grandes eixes. Ás medidas encamiñadas a impulsar a competitividade e a apertura da economía galega, cun papel destacado das TIC, sumarase unha política de infraestructuras e transporte que permita integrar a Galicia nos fluxos comerciais europeos e mundial, incidindo tanto na mobilidade das mercadorías, como na das persoas.
O terceiro piar sustentarase nunha política medioambiental e de ordenación do territorio integrada, a partir da concepción de Galicia como unha cidade única que garantice o desenvolvemento sostible a unha habitabilidade racional do país no longo prazo.
O PPdeG contempla tamén un desenvolvemento equilibrado de todos os sectores produtivos, atendendo especialmente ao mar e o campo, así como unha reforma da Administración pública que permita suprimir trabas burocráticas ás empresas e particulares, aplicar medidas de austeridade e racionalidade no gasto burocrático e garantir a igualdade de oportunidades no acceso á función pública.