VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Os concellos da comarca de Caldas disporán dun total de 756.783 euros para executar seis actuacións incluídas no Plan Provincial de Cooperación (PPC) que xestionará a Deputación Provincial de Pontevedra en 2009. Esta liña de axudas está financiada pola institución provincial, os concellos beneficiarios e o Ministerio de Administracións Públicas (MAP). As obras que se prevén executar con cargo a este orzamento son as seguintes:
CALDAS DE REIS: saneamento en Cesar (SAN CLEMENTE). 83.952,96 euros.
CATOIRA: pavimentación da vía municipal en Oeste-Dim. 51.212,13 euros.
CUNTIS: construcción parque público da Horta do Cura. 75.686,43 euros.
PONTECESURES: saneam e abast. Rúa dos Mariñeiros. 41.358,67
PORTAS: pav vial de Frieiro a tras do río. 47.565,57 euros.
VALGA: saneamento no lugar de Reguengo ( SETECOROS). 62.810,07 euros.
O PPC posibilitará a execución de obras na provincia de Pontevedra por arredor de 6.589.030,36 millóns de euros. Esta liña de investimentos irá dirixida á promoción de calquera tipo de obra de competencia municipal nos concellos de menos de 50.000 habitantes. Os importes deste plan distribuiranse empregando como criterio obxectivo unha porcentaxe do 60% para o peso poboacional do municipio e do 40% para o criterio de superficie.
As obras incluídas nestes plans selecciónanse a partir das propostas formuladas polos concellos, que terán como data límite para presentar as solicitudes o vindeiro 12 de xaneiro de 2009. Así mesmo, serán os propios concellos os encargados de tramitar a contratación, seguimento e xustificación das obras incluídas no plan.
O Plan Provincial de Cooperación poderá financiar en todos os municipios actuacións no alumeado público, cemiterios, recollida de residuos, limpeza viaria, abastecemento de auga potable, sumidoiros e pavimentación de vías públicas.