07 febrero 2009

Fiesta del 20 aniversario
del PP de O Porriño

O PORRIÑO (MORRAZO-tribuna).- O Partido Popular de O Porriño celebrará, o vindeiro venres 22 de febreiro, unha cea-mitin á que asistirán, entre outras personalidades, o presidente provincial Rafael Louzán e o número un do PP no Porriño, Manuel Carrera.
Será ás 22.00 horas, no restaurante Manolo da mesma localidade, cando dará comezo esta cea-baile para festexar a chegada do entroido. O menú estará composto de lacón con grelos e orellas típicas destas datas, a un prezo de 12 euros; ademais os asistentes participarán no sorteo de diferentes agasallos.
Aproveitando a ocasión e coincidindo co vixésimo aniversario da Fundación do PP, farase un percorrido pola historia do partido no Porriño a través da proxección de vídeos, nos que se amosarán vellos tempos e momentos máis recentes. Asimesmo, faráselle un recoñecemento especial a todos aqueles ex-concelleiros que estiveron ao servicio dos porriñeses durante máis de dúas décadas.