VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O candidato nº 1 do BNG pola provincia de Ourense, Alfredo Suárez Canal, afirmou hoxe que o anuncio que fixo o PP sobre a substitución do seu cabeza de lista é unha noticia que se comenta por si soa, “era a grande fichaxe do Partido Popular e acabou tendo unha carrera fulgurante”.
Neste sentido, explicou que para os que “coñecemos un pouco a historia do PP non é unha novidade”, o que si considerou sorprendente é que “pertenza a unha forza política que durante os últimos tres anos o seu grande argumento de oposición é que había diferencias no ámbito do bipartito”.
Para Suárez Canal, se o PP mirara máis para dentro da súa casa tería unha resposta acaída a esa forma de facer oposición. Evidencia, ademais que un partido que aspira a gobernar “a configuración das súas listas deixa moito por desexar”.