A GUARDA (MORRAZO-tribuna).-O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, explicou hoxe que é necesario que se constrúan máis parques de bombeiros na provincia de Pontevedra, algo que ata agora non foi posible a pesar dos intentos reiterados da Xunta de Galicia. “Atopámonos con problemas singulares na provincia que eu espero que poidamos resolver, se existe a vontade que se di, pasadas as eleccións do 1 de marzo”, observou.
Nunha visita institucional que realizou hoxe ao Concello da Guarda confiou en que este asunto estea resolto en 2009: “Os estudios son coñecidos, foron entregados a todos os responsables das deputacións e dos concellos afectados, os números están feitos e os recursos están dispoñibles –relatou-. Coido que en Galicia deberíamos de dar o paso definitivo nestas zonas onde temos necesidade de mellorar infraestructuras”.
Neste sentido, indicou que a Xunta leva un tempo actuando en dúas liñas distintas: a dotación de recursos –vehículos, fundamentalmente- para garantir sempre que haxa medios profesionais e adaptados diante dunha situación de risco para as persoas e a creación dunha rede de parques profesionais que garantan que todos os cidadáns están dentro dun tempo de resposta ás emerxencias estándar en Europa.
Así, no que se refire á Guarda, asegurou que a Consellería pretende que no municipio exista esa capacidade de resposta, se ben sinalou que está condicionado pola súa situación xeográfica que supón unha “relativa distancia” con outros centros demográficos, o que fai preciso “arbitrar solucións singulares que non transformen a distancia en peor calidade de atención”.
Méndez Romeu opinou que en lugares destas características é necesario que exista unha infraestructura propia de apoio, sen prexuízo de que logo iso sexa reforzado por medios que están a unha distancia superior.
Administración local
Doutra banda, o titular de Presidencia falou tamén da liña de traballo do seu departamento no que se refire ás relacións cos concellos, aos que segundo dixo se debe dotar da infraestrutura necesaria para o cumprimento das súas obrigas de cara aos cidadáns para que poidan prestar os servizos que a lei atribúe ás corporacións locais nas mellores condicións de eficiencia e calidade.
Nese sentido, gabou a iniciativa do Concello de rehabilitar un edificio a carón da actual Casa Consistorial que albergue novas dependencias e que para o que foi precisa a colaboración da Administración autonómica: “Téñense achegado recursos iniciais para a primeira fase, e seguiremos falando segundo se vaian desenvolvendo as obras”, confirmou.