VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, estivo esta mañá nun supermercado pertencente a unha grande superficie do grupo galego Gadisa, en Ourense, alí fixo a compra e departíu con algunhas das persoas que estaban nese momento a realizar as súas compras na área comercial.
Neste contexto, Quintana reivindicou a “cara menos visíbel da crise, a máis real” e indicou que “quizais se fala de máis das operacións bursátiles, a marcha das entidades financeiras, en lugar de falar da vida cotiá das persoas, das familias” e, neste sentido indicou que “o momento de facer a compra é un bo termómetro para medir as dificultades que cada familia ten que vivir para poder chegar a fin de mes”.
De aí que, tal e como indicou o líder nacionalista, a maioría das medidas que o goberno galego debe pór en marcha para loitar contra a crise “e ese é o compromiso do BNG”, están dirixidas á xente, “a pensar na xente e intentar mellorar o benestar da xente”.