VIGO (MORRAZO-tribuna).- O martes 10 de febreiro ás 19:00 horas no salón de actos da FAVEC (pz. da Princesa nº7, 2º andar), o Banco do Tempo da Federación Veciñal “Eduardo Chao” organiza unha charla sobre nutrición e dietética, centrada nas vitaminas. Será impartida por D. Jose Trigo, Naturópata e socio do Banco do Tempo.
Logo dunha introdución o especialista abordará diferentes temas de interese en torno ás vitaminas: as súas funcións, clasificación, en que consiste a terapia ortomolecular, as necesidades reais e complementos vitamínicos e a relación das vitaminas co antienvellecemento.