06 abril 2009

Deputación prepara sus campamentos de verano

Louzán anuncia que a Deputación organizará un Campamento de Inglés en Príncipe Felipe no que participarán 800 nenos
ARREDOR DE 2.500 RAPACES PARTICIPARÁN NOS CAMPAMENTOS DE VERÁN DA LANZADA

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Deputación, Rafael Louzán, a vicepresidenta, Teresa Pedrosa, e a directora do Centro da Lanzada, Zoila Paz, presentaron hoxe os Campamentos de Verán da Lanzada para o presente ano 2009. Os interesados en participar poderán solicitar praza ata o 20 de abril.

Segundo informou o presidente “este ano ampliamos os campamentos de 8 a 10 turnos e tamén aumentamos en 20 o número de prazas de cada un”. A Deputación intensificou nos últimos anos a actividade do Centro da Lanzada de xeito que “en cinco anos pasamos de acoller durante o verán a 400 rapaces a preto de 2.500”.

Os Campamentos de verán organizados pola Deputación son os máis baratos de Galicia cun custe de 68 euros por neno. Este prezo inclúe todas as actividades, pensión completa, excursións etc. En total participarán nos campamentos da Deputación 2.500 rapaces (200 en cada turno).

Estes nenos permanecerán sete días nestas instalacións tempo no que desenvolverán numerosas actividades: actividades de natureza, saídas á praia, veladas nocturnas, viaxe a ons, e outras actividades lúdicas e deportivas… Esta actividade realizaranse dende o 24 de xuño ata o 5 de setembro, ambos inclusive. Participarán nenos con idades comprendidas entre os oito e os trece anos.

I Campamento de Inglés en Príncipe Felipe

A Deputación programando para os meses de xullo e agosto un campamento experimental de inglés na Cidade Príncipe Felipe. Nunha primeira experiencia esta actividade estará aberta a 800 rapaces.

Segundo informaron Pedrosa e Louzán nestes momentos estase a deseñar a iniciativa pero prevén que se celebrarán turnos de 10 días con 150 nenos en cada campamento. A metade dos rapaces estarán en internos e a outra metade pasarán o día en Príncipe pero pernoctarán na súa casa.

Louzán entende que esta iniciativa “será unha alternativa económica para os pais que non poidan enviar ós seus nenos de viaxe ó estranxeiro pero suporá un método moi eficaz para que os rapaces aprendan este idioma tan importante hoxe en día”.

Este Campamento de Ingles estará deseñado para que os nenos aprendan ó mesmo tempo que o pasan ben e disfrutan de deportes durante as súas vacacións.