EMPRESARIOS DA PROVINCIA VIAXARÁN COA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA EN OUTONO A PANAMÁ PARA ABRIR NOVOS MERCADOS E NICHOS LABORAIS
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Empresarios de Pontevedra realizarán unha viaxe a Panamá no vindeiro outono, según explicou hoxe o presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, ó remate da súa entrevista co Embaixador en España deste país centroamericano, Miguel Angel Cañizales, acompañado polo presidente da Conferencia Eurocentroamericana e exdirixente das Xuventudes Socialistas, David Balsa.
Louzán sinalou que a Panamá interesalle a cooperación e profundizar a interconexión e cooperación loxística dos Portos de Vigo e A Coruña coa Autoridade do Canal de Panamá. Por esta razón, anunciou que previamente á citada viaxe, orgaizada pola institución provincial, terá lugar un Seminario con empresarios de Vigo para concretar sectores de interés mutuo para ambos países e contactos empresariais que se realizarán
O presidente provincial dixo que nestes intres de crise económica a Deputación colabora co sector empresarial na búsqueda de novos campos de investimento e negocios. E citou que o actual
Pola súa banda, o Embaixador destacou que Panamá tén un crecemento do seu PIB do 9,2% anual,dixo que España é o segundo país inversor no seu país e lembrou distintos datos que poñen de releve a boa saúde financieira do país centroamericano. Entre outros citou a actividade de 94 bancos, a Zona Libre de Colón, a zona franca máis grande do hemisferio occidental e a segunda máis grande do mundo.
Panamá, que tén como moeda oficial o Balboa, equivalente ó dólar estadounidense, é unha economía totalmente dolarizada e sen banco central. O seu Canal acolleu o ano pasado 14.702 tránsitos de barcos de 84 países que transportaron 209.772.539 toneladas en 4.600 contenedores. A ampliación do canal posibilitará o paso de 10.000 contenedores.
En 2007 xa viaxou ó país unha misión comercial de 24 empresarios de A Coruña e agora as autoridades panameñas demandan empresas dos sectores da construcción, telecomunicacións, portos, mantemento de barcos, turismo, construcción, etc.