O MUSEO DE PONTEVEDRA INAUGURARÁ HOXE, PRIMEIRO DE ABRIL, A MOSTRA “DONACIÓN GARCÍA VIÑOLAS. COLECCIONES FUNDACIÓN MAPFRE”.
PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O novo edificio do Museo acollerá o primeiro de abril ás 20.00 horas o acto inaugural da exposición “Donación García Viñolas. Colecciones Fundación Mapfre”, organizada coa colaboración da citada Fundación.
Manuel Augusto García Viñolas, nacido en Murcia en 1911, é un dos máis singulares protagonistas da cultura española do século XX: viaxeiro infatigable, corresponsal de prensa, director xeral de cinematografía, agregado cultural en Brasil e Portugal o crítico de arte, son só algunhas de das ocupacións da súa lonxa traxectoria.
Coleccionista vocacional, García Viñolas interesouse polo debuxo cando a obra sobre papel non lle importaba a case ninguén. O resultado desta gran afección é unha magnífica colección composta por 160 debuxos que percorre unha parte importante do arte español del século XX. A exposición presenta unha selección de 57 obras que forman parte da colección de debuxos que Manuel García Viñolas doou á Fundación Mapfhre en 2002.
O recorrido por esta colección, fundamentalmente circunscrita a debuxos de artistas españois como Fortuny, Sorolla ou Pinazo, entre outros, que en conxunto parecen anunciar, a través do seu sentido cosmopolita, moderno, pero tamén tradicional da arte, a vocación figurativa e luminosa de todas as pezas da colección.
A maioría dos restantes debuxos son obra de artistas contemporáneos do coleccionista, cos que García Viñolas mantivo relacións persoais ou circunstanciais, xa fora en termos de amizade ou como crítico de arte e escritor: Bores, José Caballero, Benjamín Palencia, Sáenz de Tejada, Genaro Lahuerta oou Rafael Alberti son algúns dos nomes que forman parte de este conxunto. Éste péchase, de maneira maxistral, cos debuxos de Manuel Viola, Juan Barjola, Luis Gordillo, Grau Santos ou Carmen Laffon, entre outros.
A exposición permanecerá aberta ata o 17 de maio en horario de seis a nove da tarde de martes a venres, de once a dúas e de seis a nove os sábados e de once a dous os domingos e festivos.