Percorrido pola historia de Ponteareas. Rafael Sánchez Bargiela (coordinador). Pontevedra.-Diputación Provincial, 2009. 161 p.; il; 30 x 21 cm; ISBN: 84-8457-217-X. Colección “Reedicións e facsímiles”. Encadernación: cartoné.
LUGAR: Salón de plenos do Concello de Ponteareas
DÍA: mércores 1 de abril
HORA: 20.00 h
ASISTENTES
Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal
Alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla
Coordinador do libro, Rafael Sánchez Bargiela
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Editorial da Deputación de Pontevedra presentará o mércores 1 de abril de 2009 o libro “Percorrido pola historia de Ponteareas. Imaxes do século XX nas coleccións do Museo municipal de Ponteareas”, reedición do título pertencente á Colección “A Provincia en imaxes”, na que figuran entre outros “O Grove. Foron outro tempos”, “A Vilagarcía das vellas postais”, “Marín en las tarjetas postales antiguas 1902-1945” e “Vigo y los tiempos vividos al trasluz de la postal antigua”.
Ó acto, que terá lugar ás 20.00 h no salón de plenos do Concello de Pontearea, asistirá o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal, o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, e o coordinador do libro, Rafael Sánchez Bargiela.
Esta publicación recolle a historia da vila de Ponteareas a través dun percorrido en imaxes do último século, que reflicten os primeiros tempos da historia de Ponteareas, o castelo de Sobroso erguido no século XII, as distintas épocas na vila de Ponteareas, a procesión do Corpus Christi…
As imaxes, cedidas polo Museo municipal de Ponteareas, amosan o cambio da realidade ponteareá no último século: fotografías do río Tea en 1950, a Praza Maior de Ponteareas, Praza de Bugallal, os cruceiros da vila, as rúas, a Picaraña, a igrexa parroquial de San Miguel, a casa do concello, os xardíns da Xiralda, a capela da nosa Señora dos Remedios, as famosas alfombras de flores do Corpus.
Remata o libro coa Libretiña de José Luis Bugallal (1916-1918), na que se recollen as oito marabillas de Ponteareas: a boticaria, a casa do concello, as escolas públicas, a igrexa parroquial, o convento de Canedo, o Tea, a Praza Maior e, por suposto, Lucero.