Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O presidente da Deputación, Rafael Louzán, informou hoxe sobre a aprobación na Xunta de Goberno do proxecto de mellora da seguridade vial da estrada Peinador-Louredo (Mos). O custe estimado desta actuación ascende a 1,2 millóns de euros. A Deputación aportará 905.611 euros e o Concello de Mos 301.870.
Segundo informou Louzán “a mellora de seguridade vial na devandita zona foi un asunto moi demandado polos veciños en vista de que trátase dunha zona con alta densidade de tráfico e, particularmente, de paso de vehículos pesados”. O titular da administración recordou que esta zona ten unha densidade importante de vivendas e, neste senso, urxiu a necesidade de “dar cobertura de seguridade ós veciños que transitan por esta vía”.
O proxecto de mellora de seguridade vial na estrada Peinador-Louredo prevé movimentos de terras, afirmado, drenaxe, muros, instalación de fecais, abastecemento e alumeados, sinalización, balizamento e defensas, aceras, bordillos e reposicións varias dende a rotonda de Peinador ata o polígono de A Rufana pasando por Cruceiro e Rexomil (Guizán).
A nova estrada terá dous carrís de 3 metros cada un, dous arcéns ou aparcamentos de 0,50 ou 2 metros nalgúns lugares, e dúas aceras de 1,50 metros cada unha.
Os investimentos precisos para realizar as obras serán achegadas dentro das anualidades do período 2009 e 2011 cunha aportación total da Deputación de 905.611 euros e de 301.870 euros por parte do Concello de Mos.