07 septiembre 2009

Congreso Internacional sobre Cefalópodos comenzó en Vigo

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Consellería do Mar, Rosa Quintana, sinalou no acto inaugural do Congreso Internacional sobre Cefalópodos que deu comezo hoxe en Vigo que a súa Consellería espera que as conclusións deste encontro científico podan servir “para arroxar luz sobre as nosas necesidades e preocupacións” no ámbito da recuperación e mellora da xestión dos cefalópodos en Galicia.

A titular do Mar sinalou que a flota galega “dende a artesanal ata as grandes embarcacións que faenan en Malvinas, Mauritania ou no Gran Sol” posúen nos cefalópodos “un sustento importante da súa actividade”. Isto, lembrou, é o que leva a Galicia a consolidarse á cabeza de España e de Europa na pesca deste molusco e recordou que os barcos galegos extraen anualmente ao redor de 8.000 toneladas de cefalópodos, “entre as que destacan as máis de 4.000 de polbo de roca capturadas pola flota artesanal e de litoral”.

Na súa opinión a importancia económica, cultural e gastronómica desta especie motivou un esforzo pesqueiro ao longo dos anos cuxas consecuencias derivaron na necesidade de efectuar unha xestión específica e restritiva de cara a preservar estes recursos, “o que propugnou paralizacións temporais da flota, determinación de tamaños das capturas e, sobre todo, de artes de pesca” recordou. Neste senso sinalou que “Galicia e a Consellería do Mar teñen no vindeiro 31 de decembro unha data clave” para determinar o futuro e a viabilidade deste pesquería. “Nesta data, cumpridos os plans de recuperación previstos, tocará avaliar os resultados e propor medidas de futuro” sinalou Rosa Quintana, quen lembrou que dende a Consellería “buscaremos o equilibro entre os ámbitos ambiental, económico e social” para garantir a continuidade desta actividade extractiva en augas galegas.

Rosa Quintana participou na inauguración do congreso internacional sobre cefalópodos xunto co presidente do Cephalopod International Advisory Councyl (CIAC), Alexander Arkhipkin, o decano da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, Jesús S. Troncoso; a delegada de España na International Council for the Exploration of the Sea (ICES), Carmela Porteiro e os científicos do CISC Ángel Guerra e Ángel González, organizadores do congreso.