24 septiembre 2009

Conselleiro de Turismo da señales de vida en el lío de los aeropuertos gallegos

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, confirma que os datos que se utilizaron para a elaboración do informe aeroportuario no pasado verán proceden das principais fontes estatísticas. O documento de traballo da Secretaría Xeral para o Turismo referente ao movemento dos aeroportos galegos ten como principal obxectivo recompilar unha serie de datos relativos ao movemento aeroportuario en Galicia, tanto en termos cuantitativos como cualitativos. O destino final do traballo é aportar información rigorosa e relevante para a toma de decisións.

O informe manexa e refire toda a información ás principais fontes de información estatística existentes tanto a nivel nacional como autonómico, como AENA, FRONTUR, FAMILITUR, a enquisa de Destino de Turgalicia, etc. Tendo en conta as fontes consultadas e os datos analizados, o informe conclúe que segundo FRONTUR, no período 2005-2008 obsérvase un descenso de turistas estranxeiros con destino principal Galicia, pasando dunha cifra global de 1.186.869 no 2005 a 933.187 en 2008. A efectos de turismo por vía aérea interesan só os que pasan a noite porque os excursionistas (que non dormen) non veñen en avión, volven á casa no mesmo día e son na súa inmensa maioría portugueses.

Segundo FAMILITUR, enquisa que analiza os hábitos de viaxe dos españois, a porcentaxe de viaxeiros nacionais que veñen a Galicia en coche acada o 81% neste último ano 2008. Aqueles que, en cambio, veñen a Galicia en avión supoñen aproximadamente o 5% do total.O documento de traballo en ningún momento conclúe que no período 2005-08 descendera de forma continuada o volume de pasaxeiros nos aeroportos galegos. Mais ben, e segundo datos de AENA, o número de usuarios dos tres aeroportos de Galicia creceu de forma importante nestes últimos anos (salvo en 2008, cando se produce unha lixeira baixada consecuencia dos primeiros efectos da crise económica).

Negociación low-cost
Para a Xunta de Galicia, as negociacións en materia de promoción de voos de baixo custe aos aeroportos galegos é un compromiso de Goberno onde están implicadas tres consellerías: Cultura e Turismo, Economía e Industria e Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. De feito, as achegas para os contratos publicitarios de patrocinio en 2009 alcanzan un total de 1.075.000 euros para os tres aeroportos galegos, cantidade superior aos 1.034.000 euros investidos o ano pasado para os aeroportos de Santiago e A Coruña.

Neste sentido, a Xunta de Galicia ratifica o seu apoio ás aeroliñas de baixo custe de cara a deseñar parcialmente o mapa de rutas desexable desde un punto de vista empresarial, turístico e de calidade de vida dos galegos, sen perder nunca de vista a perspectiva da optimización dos nosos tres aeroportos. Para a Consellería de Cultura e Turismo é asemade fundamental facer unha forte promoción na orixe das rutas en que se aposte, coa finalidade de que os voos aumenten progresivamente o seu número de pasaxeiros, se fagan viables a medio termo e se poda apostar paulatinamente en novas rutas. A este respecto, a Consellería destinará 200.000 euros (ademais dos 1.075.000 euros xa anunciados), a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e mais de Turgalicia, para recuperar a conexión Santiago-París en voo de baixo custe a partir do 1 de decembro, que xa está a ser comercializado desde onte.

Nesta liña de traballo, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, remitirá unha carta aos alcaldes das cidades galegas aeroportuarias para axilizar a negociación coas aeroliñas de baixo custe antes de que peche o prazo para a compra de slots (franxas horarias asignadas nos aeroportos ás compañías aéreas para os seus despegues e aterrizaxes).