24 septiembre 2009

Secretaria Xeral de Igualdade apuesta por el Teatro

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A secretaria xeral da Igualdade, Marta González resaltou hoxe, a importancia do teatro como ‘un medio idóneo para transmitir valores esenciais como a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres’.

Marta González fixo esta valoración logo de reunirse, esta mañá, coa actriz Blanca Marsillach, que presenta un programa de teatro terapéutico para mulleres coa finalidade de traballar con elas na mellora da súa autoestima.

Así mesmo, e segundo explicou a secretaria xeral da Igualdade, esta obra, que xa se levou a cabo en diversas localidades da Comunidade autónoma de Madrid, foi moi ben acollida entre o público asistente.

A obra “Buscando a Hillary”, escrita por Elise Varela, é a historia dunha muller duns 40 anos que afronta os conflitos e loita por combatir os medos e as inseguridades. O taller, como denomina Blanca Marsillach a esta obra teatral, está destinada a toda a cidadanía.

Marta González valorou moi positivamente esta iniciativa e comprometeuse a estudar a posibilidade de que obra se represente cidades galegas.

A secretaria xeral da Igualdade, recorda que en Galicia tamén se está a traballar neste sentido. Distintas compañías teatrais galegas están a desenvolver proxectos relacionados coa igualdade entre homes e mulleres, promovendo a socialización en igualdade, o que é de destacar.