07 septiembre 2009

El Bloque vuelve a reclamar que Galicia y Madrid se "mojen" en el tema lácteo

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez esixiu hoxe que “a Xunta de Galiza e o Goberno central se impliquen dunha vez para solucionar a grave crise que está a sufrir o sector lácteo”.

Guillerme Vázquez participou este mediodía nun xantar con militantes e simpatizantes do BNG en Vilasantar, no que tamén interveu a alcaldesa deste concello coruñés, a nacionalista Manuela García Freire.

Para o líder do BNG resulta “evidente que os acordos asinados sobre contratos e prezos non se están a cumprir, porque as administracións non se están a implicar para obrigar ao seu cumprimento”.

“Actitude pasiva da Xunta de Galiza”

A este respeito, Guillerme Vázquez criticou especialmente a “actitude pasiva da Xunta de Galiza, que nin sequera propuxo medidas e propostas enriba da mesa para axudar a este sector vital para a economía e o agro galego”.

Fronte a esta situación de "parálise", o portavoz nacional do BNG demandoulle ás administracións central e autonómica que “se comprometan politicamente co sector”. Este compromiso pasa, segundo explicou, por “garantir a recollida do leite por parte da industria; establecer un prezo mínimo que cubra os custos de produción aos gandeiros e gandeiras, e modificar o sistema de cotas no seo da Unión Europea para evitar que os estados claramente excedentarios inunden cos seus excedentes os mercados dos estados deficitarios de cota”.

“Se hai axudas sen limite para a banca ou o automóbil tenas que haber para o sector leiteiro”

Por último, “e mentres a situación de crise de prezos non se soluciona”, Guillerme Vázquez defendeu “a concesión de axudas directas aos gandeiros e gandeiras”.

“Se o Goberno Central, a Unión Europea e mesmo a Xunta de Galiza conceden axudas sen límite para o sector da banca, que foi un dos causantes da crise económica que padecemos, ou para o sector do automóbil, con canta máis razón tamén as ten que haber para o sector leiteiro”, concluíu o líder do BNG.