07 septiembre 2009

Más ayudas de Deputación
para clubs deportivos

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal, fixo entrega a 15 clubes e asociacións deportivas da provincia de axudas que ascenden a 311.944 euros.
Louzán, acompañado do deputado delegado de Deportes, José Enrique Sotelo, mantivo unha xuntanza cos representantes destes 15 clubes pertencentes ós concellos de Pontevedra, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa. Neste acto fíxoselles entrega a estes representantes das resolucións polas cales se lles conceden estas subvencións ós seus respectivos clubes.
A relación dos clubes e asociacións deportivas beneficiarias destas subvencións son, concretamente, o Club Baloncesto Arxil, o Club Leis 26 F.S., a Federación Galega de Piragüismo, a Escuela de Piragüismo Pontevedra, o Grupo Deportivo Supermercados Froiz, a Gimnástica de Pontevedra, o Club Natación Galaico, o Club Baloncesto Ciudad de Pontevedra, a Sociedad Deportiva Teucro, o Villalonga F.C., o Portonovo S.D., a Asociación Arousa Fútbol 7, o Arosa S.C., o Basket Base Club e a A.D. Cortegada.
O presidente da Deputación mostrou a intención da institución provincial de continuar con esta liña de axudas a pesar do esforzo que isto supón nestes momentos de crise económica. Amosou, así mesmo, a intención de seguir mellorando as instalacións deportivas da provincia, en colaboración co Goberno autonómico e os concellos, resaltando a importancia desta estreita colaboración entre as tres administracións.
Estas achegas económicas, asegura o Presidente, son unha clara mostra do apoio que a institución provincial está a prestar a favor do mundo do deporte.