07 septiembre 2009

Más mejoras en A Guarda

A GUARDA (MORRAZO-TRIBUNA).- En datas próximas iniciaranse as obras de mellora do camiño de Laxes Buxán
As obras, contan cun orzamento de 63.527,93 € serán financiadas pola Consellería de Medio Rural e consistirán no ancheamento dun tramo da citada rúa así como na posterior reposición de firme.

Dende a Concellería de Vías e Obras consideran que con esta actuación vense a dar solución as dificultades de acceso dende a parte sur do barrio de Laxes orixinado pola estreiteza do mesmo o seu inicio na rúa Lada.

Estas obras enmárcanse dentro do plan de actuación que dende esta concellería se ven levando a cabo en diversos camiños do rural consistente en ancheamento de determinados tramos e puntos concretos. Así, recentemente acometéronse os seguintes: Segundo Transversal Coruto Vello, Cuarto Transversal Coruto Vello, Camiño da Cal, Rúa Rocha, etc.