23 septiembre 2009

O PROXECTO RIOS non está morto...

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-Coa chegada do outono o Proxecto Ríos retoma as súas actividades.
O día 26 de setembro terá lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa) as X Xornadas de formación de coordinadores/as do Proxecto Ríos. Nestas X Xornadas pretendemos incidir, como cada ano, no recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo ao ser bioindicadoras. Para os/as que xa participaron en anos anteriores afondaremos en novos ámbitos: os posibles efectos do cambio climático sobre a ictiofauna continental e afondaremos na problemática dos ameneiros, que están a morrer en moitos cursos fluviais galegos.
Programación X Xornadas de Formación de Coordinadores/as de grupo do Proxecto Ríos:
11.00-Chegada e entrega de material.
11.30-Estado do Proxecto Ríos, Actividades 2009, Campamento do Río Tea 2009, Limpeza de ríos, Saídas formativas, Dúbidas, etc.
12:00-Cinco anos do Proxecto Ríos.
Virginia Rodríguez. Coordinadora do Proxecto Ríos.
12.30- -Posibles efectos do cambio climático na ictiofauna continental.
-Que lle está a ocorrer aos ameneiros?fino
Rufino Vieira. EHEC
14.30-Xantar.
16.30-Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados.
A inscrición é gratuíta, levar a comida.

O domingo 27 de setembro realizarase unha limpeza simultánea de ríos. Para esta xornada editaremos un protocolo de limpeza de ríos para unificar criterios á hora de abordar a limpeza. Un dos problemas máis salientables que sofren os nosos ríos é a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. Dende o Proxecto Ríos queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. A limpeza non pasa só por unha actividade illada dun día de retirada de lixo. Para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsábeis cara o medio natural e depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os ríos.

Concello/Grupo Persoa de contacto Teléfono
A ESTRADA: Asociación pola Defensa do Val do Liñares Chus Goldar 626 768 826
CARBALLO: ADEGA-Carballo Xosé Dubra 679 167 633
CARRAL. Concellaría de Medio Ambiente María José 981 670 002
CELANOVA: ADEGA-Ourense Xan Carlos 629 635 945
COMPOSTELA: ADEGA-Compostela Paco Bañobre 981 57 00 99/627 628 194
CUNTIS: Asociación O Fervedoiro Heitor Picallo 676 188 619
FENE: AETNA. Asociación etnográfica César 649 243 611
FERROL: ADEGA-Ferrol Nes 649 779 774
LALÍN: Departamento de Medio Ambiente Xosé Manuel 986 78 72 02/616 937 854
LUGO: ADEGA Lugo Benjamín Cela 676228883
MELIDE: Asociación de troiteiros do río Furelos Xavier 696 607 348
MUXÍA: Concellaría de Asuntos Sociais Viqui 661 925 367
OUTES: IES Poeta Añón Mercedes 696 992 956
ORDES: Concellaría de Medio Ambiente Yaqui 649 845 674
PONTEAREAS: Plataforma Defendendo o Tea Susana e Marta 658 646 660/660 491 115
PONTEVEDRA: Vai Polo Río Gonzalo 675 547 499
PORRIÑO: Concellería de Medio Ambiente Marcelo 986 335 000
RIBADUMIA:Colectivo Ecoloxista do Salnés. Mª Dolores 660 928 463
SALCEDA DE CASELAS: Asociación TREZECATORZE Fran Rei 615 421 199
SAN SADURNIÑO: Concellaría de Medio Ambiente Fernando 981 490 027
VIGO: ADEGA-Vigo Xan Vilaboa 629 271 224
XOVE: ADEGA- A Mariña Desireé González 651 600 173
O Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar. Tamén se entregarán camisolas co motivo da limpeza. Nesta xornada a implicación dos concellos é fundamental para garantir a recollida do lixo que se saque dos ríos, para proporcionar o material necesario para a limpeza e para asegurar aos voluntarios/as participantes. Na seguinte táboa podedes consultar cales son os coordinadores/as en cada zona:
Máis información: www.proxectorios.org