23 septiembre 2009

Lobeira lleva al Parlamento las cargas policiales contra los manifestantes del "caso Massó"

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O deputado do BNG pola
comarca do Morrazo, Bieito Lobeira, ven de presentar unha iniciativa no
Parlamento Galego na que solicita á Xunta de Galiza que lle esixa ao Goberno
Central que depure responsabilidades pola “brutal e desproporcionada”
actuación policial contra as persoas que no día de onte protestaban contra o
porto deportivo de Cangas.
Bieito Lobeira lembra que os camións que ían facer os recheos no porto do
Salgueirón “circulaban por un lugar non apto e sen asfaltar, e sen ningún tipo
de permiso por unha pista privada”, o que xerou a protesta dunha grupo de
persoas que se opoñen ao porto deportivo.
Sen embargo, o parlamentario nacionalista denuncia que as forzas e corpos de
seguridade do Estado que se desprazaron até o lugar “non só non impediron o
paso ilegal dos camións por terreos de propiedade privada, senón que
ampararon esta actuación irregular co uso da forza e reprimindo con
brutalidade ás persoas que alí se encontraban”, co resultado de dos
mariscadores agredidos, detidos e conducidos a dependencias policiais.
Dupla vara de medir: protéxese a unha empresa que actúa de xeito
impune e ilegal
Bieito Lobeira cualifica estes feitos de “extrema gravidade” e critica “a dupla
vara de medir: aquela que reprime, golpea e priva de liberdade a mariscadores
que cometen o delito de defenderen o seu posto de traballo e o futuro
produtivo e ambiental da vila e da ría na que faenan, mentres que se protexe a
unha empresa que de xeito impune e ilegal realiza accións contrarias aos
intereses sociais e ao propio marco legal vixente”.
Ante esta situación, o deputado do BNG considera que “o Goberno español
debe ofrecer explicacións formais pola brutal operación policial desenvolvida en
Cangas, depurar responsabilidades e garantir que non se reproducirán no
futuro”.