07 septiembre 2009

¿Pasó el "Nova Cantiga" todas las revisiones e inspecciones técnicas?

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O portavoz do BNG na
Comisión de Pesca do Parlamento Galego, Bieito Lobeira, ven de
presentar unha iniciativa na que lle demanda á Consellaría do Mar
que informe se o pesqueiro “Nova Cantiga”, afundido onte fronte as
costas de Portugal, tiña pasado correctamente as correspondentes
inspeccións técnicas.
Bieito Lobeira advirte de que o pesqueiro, de 42 anos de antigüidade,
“levaba tres anos atracado no porto de Marín nunha situación de
absoluto abandono, o que conleveou a progresiva deterioración da
súa estrutura”.
Porén, o deputado nacionalista denuncia que “Capitanía Marítima
declarouno apto para navegar”.
Ante estes feitos, o parlamentario do BNG considera “necesario
esclarecer o acontecido e coñecer as circunstancias que rodean o
afundimento deste pesqueiro galego, a fin de evitar a reprodución de
feitos desta natureza”.