09 septiembre 2009

Tribuna Libre

VIGO : A lei debe aplicarse a todos por igual para anular as multas de 300€ por non identificar ao condutor

A FAVEC demostrou en reiteradas ocasións as irregularidades cometidas pola XER. Non devolver os cartos a todas as persoas afectadas podería supoñer que o concello se vexa inmerso nun proceso xudicial que sen dúbida daría a razón aos afectados

A devolución dos 300 € que o concello está a cobrar logo de requerir a identificación dos conductures que presumiblemente cometen algún tipo de infracción debe considerar por igual a todas as persoas afectadas que ven vulnerados os seus dereitos e non só aquelas ás que se lles está tramitando o cobro. A aplicación das leis non pode facer que existan cidadáns de primeira e de segunda para aboar as sancións nin tampouco o retraso da administración local en recoñecer os seus erros pode levar a que unhas persoas paguen e otras non.

Queremos aclarar que moitos dos requerimentos para identificar aos condutores orixináronse por infracións inxustificadas que con este procedemento daban paso á creación dun novo expediente, provocando que unha falta leve se convirta en grave que en lugar de abonar multas duns 30 € o desenvolso se dispare aos 300 €.

A Federación Veciñal demostrou e documentou en numerosas ocasións as irregularidades que se cometen na zona azul, con zonas de estacionamentos non permitidos onde se aplica o réxime recaudatorio e onde estase a sancionar de xeito reiterado. Tamén as sancións interpostas polos traballadores da ORA con antelación ao pasado mes de setembro carecían de validez ao non incluír os datos da persoa que denunciaba ou dun axente. Outras moitas sancións da zona azul nunca chegaron a ser notificadas nos domicilios. Nesta cadea de irregularidades a identificación do condutor e as consecuentes sancións de 300 € resultan unha estafa e un auténtico fraude para a cidadanía.

O concello atópase sumido nunha voráxine recaudatoria que para nada contempla os dereitos da cidadanía tal e como demostra este procedemento e os datos das recadacións. O que agora queren vendernos como un agasallo para uns poucos, non é máis que o adianto dunha causa que podería provocar un aluvión de reclamacións coas súas posteriores indemnizacións polo que a FAVEC advirte ao concello que rectifique e empece a traballar polos dereitos da cidadanía e devolva os cartos a todas as persoas afectadas por igual.

José Manuel Fernández González
Vogal de Consumo da Federación de Asociacións de Veciños de VIGO