09 septiembre 2009

BNG fuerza un recurso de inconstitucionalidad para que Galicia defienda competencias en materia financiera

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O BNG logrou esta mañá que o Parlamento de Galiza dea o seu apoio a que a Xunta inicie dun recurso de inconstitucionalidade contra o FROB e en defensa das competencias de Galiza en materia financeira.


A proposición non de lei, que saiu adiante ao aceitar o BNG unha emenda do Grupo Popular, e que contou coa abstención do Grupo Socialista, insta á Xunta de Galiza a “iniciar as accións previstas na Lei Orgánica do Tribunal Constitucional para interpoñer un recurso de inconstitucionalidade contra o Decreto-Lei 9/2009, de 26 de xuño, incluída a convocatoria da Comisión Bilateral de Cooperación”, Xunta de Galiza-Goberno Central.


Benvida ao cambio de postura do PP


O portavoz do BNG en materia financiera no Parlamento Galego, Fernando Blanco, deu a “benvida ao cambio de postura do Partito Popular, xa que no mes de xuño, a propia conselleira de Economía e Facenda respondía a unha pregunta do BNG sobre a posíbel absorción das caixas galegas por entidades de fora, asegurou que se trataba dunha cuestión meramente técnica que debía de ser resolta técnicamente”.


Porén, o deputado nacionalista resaltou as contradiccións do Partido Popular xa que “cando se votou en Madrid o FROB os deputados galegos do Partido Popular votaron a favor a sabendas de que era perxudicial para Galiza”.


Invade as competencias de Galiza e pon en perigo a nosa capacidade financiera


Fernando Blanco advertiu de que “a posíbel absorción das caixas galegas por entidades foráneas que contempla o FROB non é unha cuestión técnica, é unha cuestión política da máxima gravidade para Galiza xa que pon en perigo moitos postos de traballo; a nosa capacidade de impulsar a economía galega e de ter mecanismos propios de financiamento”.


Ademais, lembrou que o FROB “invade as competencias exclusivas de Galiza, en concreto o artigo 31.5 do Estatuto de Autonomía”.


Por todo isto, Fernando Blanco subiñou que “o razoábel é iniciar o proceso de recurso de inconstitucionalidade contra o FROB, sen que isto signifique pechar as portas á negociación”.